A ameaza do visón americano

10 Marzo 2011
visón americano

Hai uns anos, soamente se atopaba en España en granxas onde os mantiñan encerrados,  pois a súa pel está moi cotizada para confeccionar abrigos. Pero hai un tempo, grupos que se facían chamar a si mesmos “de liberación animal”, puxeron en liberdade a visóns procedentes destas granxas, sen saber que esta contenda resultaría moito máis desastrosa e sanguinaria do que pensaban.  A liberación de animais exóticos fora dos seus hábitats produce a morte do 90% deles, xa que estiveron criados como animais domésticos e non poderían valerse por si mesmos. Os visóns restantes reprodúcense e son capaces de adaptarse ás diferentes condicións da zona, alimentándose dos animais autótonos, que non están preparados para defenderse deles. O visón americano prefire vivir en zonas frías e húmidas como a nosa terra, onde está resultando un serio perigo para especies en perigo de extinción e protexidas como é o corvo mariño cristado. Os visóns tamén poden nadar multitude de quilómetros sen cansarse, como xa demostraron coa súa chegada ás illas Cíes e a Sálvora.

Responsables do parque nacional das Illas Atlánticas están intentando erradicar a este animal dende hai anos, pois é unha ameaza para aves, anfibios e réptiles.  Pero non resulta doado pola capacidade de adaptación que ten e porque no momento en que se pon fora das illas, regresa a nado.

Tódolos días técnicos do parque rastrean ósos, analizan excrementos e poñen trampas con cebos, pero este animal, que chegou a Pontevedra nos anos setenta, resiste. Está considerado unha especie invasora polo catálogo do Ministerio de medio Ambiente, polo que xa fai tempo que se están levando a cabo redadas para acabar con el, ademais de realizar controis diarios para saber a súa abundancia.

A presenza do visón americano reduciuse considerablemente nos últimos anos, pois utilízanse gaiolas-trampa instaladas polas illas e tamén se usan elementos odoríferos para atraelos. 

visón fuel

Un visón americano afectado polo fuel do Prestige