Algo máis que dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno

7 Xaneiro 2019
auga1

Un equipo da Universidade de Estocolmo (Suecia) descubriu  algo fascinante na máis famosa das sustancias que existen, a auga non é so un líquido, senón dous, ou empregando palabras máis técnicas, a auga ten dúas fases líquidas con diferentes densidades e estruturas a baixas temperaturas que coexisten no seu estado fluído. Este non era o obxectivo orixinal  dos científicos, senón que eles querían determinar a que temperatura a auga se conxelaba formando nanotubos de xeo, no seu lugar atoparon que se comportaba dunha maneira nunca vista, asilando a auga nun nanotubo de carbono e reducindo a temperatura a -42 grados Celsius constantes, esta conxélase, pero pouco despois cambia de estado converténdose nun liquido de baixa densidade antes de conxelarse de novo para formar un nanotubo hexagonal de xeo.

A ciencia coñece diferentes tipos de xeo de auga, en función da temperatura e presión, as chamadas fases.

auga3

Existe por exemplo, o xeo cristalino, que e o que botamos ás bebida, e o xeo amorfo, de distinta densidade, e que se cre que é o máis  abundante no universo.

O novo descubrimento  apunta que a auga no seu estado líquido tamén presenta dúas fases distintas, o que explicaría algunhas das súas estrañas propiedades, dentro das numerosas que ten (calor especifica, condución eléctrica, forzas de cohesión entre as súas moléculas, capilaridade, tensión superficial, etc...), como o feito de que seu volume aumente xusto antes de conxelares, isto débese a que a auga no seu estado sólido forma unha rede hexagonal con un espazo considerable entre as súas moléculas, tras a súa segunda conxelación.

auga2

Estas fases son complicadas de ver, pois existen a nivel molecular, as moléculas da auga exhiben dous comportamentos  distintos, o de dous fluídos de diferentes densidades que flutúan, pasando dun estado a outro alternativamente un pouco, como si mesturaramos  auga e aceite.  Un líquido viscoso que coexiste con outro líquido, incluso máis viscoso pero de moita menos densidade, sumados dan a escala macroscópica a auga que coñecemos, pero a nivel molecular pódese distinguir moi claramente dúas fases de líquidos.