Algas en terra!

4 Xaneiro 2012
laminaria

Laminaria sacharina

A empresa Algafrés S.L. porá en marcha nun prazo de dous meses una planta piloto para o cultivo de algas, en condición controladas, destinadas para o sector da alimentación.

O novidoso do proxecto é que a cría realizarase en tanques en terra con auga limpa do mar, concretamente no porto coruñés de Sada.

Este  proxecto terá numerosas vantaxes en relación á recolección de algas silvestres.  Entre elas permitirá un control case total da calidade da auga, o produto resultante está libre de impurezas (sen areas, caracois nin especies invasoras) e, ademais, o traballo dos recolectores será máis agradable xa que non terán que adentrarse nas  rochas.

No proxecto piloto investirán uns 300.000 euros e contará con 20 tanques, para a produción de algas, un laboratorio e un pequeno almacén. As previsións són que tras un ano de probas e adaptación, os primeiros resultados  obteranse o segundo ano de funcionamento da planta.

O sistema de cultivo intensivo en suspensión realizarase en Sada e será pioneiro en todo mundo. Hai sistemas semellantes para a produción de microalgas, pero ata agora non se intentara para macroalgas como “kombu de azucre” (Laminaria sacharina), coñecida en Galicia como golfo. Esta alga pode ter boa saída no mercado xa que actualmente envásase en tarros de 55 g deshidratado e custa 2,75 euros. 

See video