As algas non son só comida de peixes

3 Febreiro 2012
microalgas

Nos últimos anos, as diferentes investigacións e estudos con microalgas permitiu o seu uso en campos como a medicina, a cosmética, a alimentación, etc, pero unha das aplicacións máis importantes é a produción de microalgas para biocombutibles.

As microalgas teñen unha descomposición máis acelerada que outras plantas empregadas para biocombustibles debido a que as súas paredes celulares non son resistentes, por esa razón son as pioneiras na produción de biocombustibles.

En todo o planeta estase a producir un quecemento global debido á emisión de gases de efecto invernadoiro. As microalgas, ó ser uns seres vivos fotosintéticos, absorben o CO2 e transfórmano en O2 .

A produción de microalgas como combustible é o simple cultivo delas favorecería á redución das emisións de CO2   á atmosfera e permitiría substituír os combustibles fósiles de forma total ou parcial reducindo a contaminación e favorecendo a sostibilidade deses recursos.

Existen moitos métodos para a produción de biocombustibles con microalgas pero o que está tendo un gran desevolvemento é o proceso de cocción a presión desas microalgas. Neste proceso as microalgas son quentadas a unha temperatura de 300ºC  coa auga a unha alta presión para que se manteña en estado líquido. Ó reacionar coa auga, as microalgas descompóñense, ó igual que as proteínas e os carbohidratos, o que permite o rendemento do biocombustible, obténdose un hidrocarburo. Este método permite abaratar o proceso xa que elimina as fases de secado das microalgas. Ademáis, dende o punto de vista ambiental, ten resultados esperanzadores xa que a súa produción non provoca emisión de CO2 á atmosfera.