Algas bioluminiscentes

17 Xuño 2015
algas bioluminiscentes

As baterías Vibrio fischeri e as algas Pyrocystis fusiformis teñen unha característica moi importante, posúen bioluminiscencia.

A bioluminiscencia é un fenómeno moi estendido en todos os niveis biolóxicos (bacterias, insectos etc) e consiste na produción de luz de certos organismos vivos que se xera como consecuencia dunha reacción que transforma a enerxía química en enerxía lumínica. A Vibrio fischeri, pódese atopar en pequenas cantidades no océano e en grande cantidade en zonas illadas. Cando se atopan en pequenas concentracións non emiten luz, pero en alta densidade celular emiten unha luz azul-verdosa. Por outro lado as algas Pyrocystis teñen a capacidade de producir luminiscencia en resposta ó movemento da auga, sobre todo en altas concentracións. Polo xeral ao redor dos barcos, as ondas  ou o movemento dos depredadores, e trátase dunha luminiscencia de cor azul, e , prodúcese con maior frecuencia a unha profundidade de 60 e 100 metros en augas mariñas, badías tropicais e subtropicais.

Debido ao gran xogo que da esta bioluminiscencia a Universidade de Sevilla acaba de patentar un procedemento de cultivo de microorganismos bioluminiscentes para o seu uso en dispositivos de iluminación ambiental e señalización. Este sistema deseñado polo investigador Eduardo Mayoral, aínda non ten a potencia necesaria para o uso en entornos habituais como a cidade, pero ó non xerar residuos, cun cultivo axeitado podían servir como iluminación de emerxencia ou en espazos naturais, ao no ter que incluír elementos artificiais para o seu funcionamento, segundo o experto.

Para isto créanse poboacións destas baterías e algas no dispositivo que queremos que faga de fonte de luz, que pode adoptar deseños moi variados , pois non hai problema de espazo nin forma para o crecemento destas.

Deste xeito, identificase e proponse solucionar, por unha parte, o inconvinte do consumo de enerxía para producir luz ambiental e, por outra, parte o problema da xeración de residuos que supoñen as lámpadas luminarias ao rematar o seu ciclo de vida útil.

algas bioluminiscentes1