Alérxicos perenes

5 Abril 2012
alerxias

Estimase que as enfermidades alérxicas duplicáronse nos últimos 15 anos e xa afectan a entre o 15-20% da poboación española.

Esta primavera será suave para os alérxicos ao pole debido á escaseza de choivas. A alerxia ao pole con maior incidencia na nosa zona é a das gramíneas cun 80%. Este ano calcúlase que a concentración destas será entre leve e moderada (2.600 grans/m3). Outro factor a ter en conta sería a contaminación ambiental das cidades que incrementa a duración e severidade deste tipo de enfermidades xa que as partículas contaminantes “estresan” as plantas e aumentan a súa polinización. Segundo o doutor Francisco Feo da SEAIC: “o pole das cidades é moito máis agresivo, o que axuda a converter as alerxias en epidemias”.

En definitiva, a SEAIC alertou sobre o cambio no perfil do alérxico estacional xa que agora pasará a ser “alérxico perenne” isto quere dicir que os que sofren dita enfermidade terán máis síntomas durante máis meses do ano.