Akita inu

27 Marzo 2013
Akita inu

É unha raza de can orixinaria do Xapón. Nas súas orixes foi un can de caza maior (foi usado para cazar osos) e moi usado polos guerreros xaponeses como can de defensa e ataque.

É un can cariñoso e doado de entrenar, aínda que en España está considerado perigoso e precísase licenza especial para telo.

En Xapón está considerado o can nacional e en 1931 foi designado como monumento nacional. É símbolo de riqueza e boa sorte. Hai o costume de regalar unha estatuíña dun akita cando nace un bebé ou alguén está enfermo.