Aeroxeradores sen pás
Actualmente podemos diferenciar 2 tipos de enerxías; as renovables e as non renovables. Cando falamos de enerxías renovables non podemos evitar mencionar a eólica. A enerxía eólica, como todos sabemos, provén da forza que fai o vento ao xirar as enormes turbinas dos aeroxeradores que estarán colocados nas zonas nas que abunda o vento. Desgraciadamente, estes xeradores presentan varios inconvenientes como contaminación acústica, a desaparición da fauna onde se atopan (especialmente a desaparición das aves a causa das grandes aspas), gran custo de mantemento… co cal gañarían moito se non tivesen aspas, pero é isto posible?
Os aroxeradores sen pás son unha clase de muíños que coa producción de vórtices de Von Kámán (forza do vento) fai que estes aparellos oscilen e transforme a enerxia deste fluido en enerxía de materiais sólidos a través duns imans, e dicir, que se basa na magnitude física da vortacidade. A súa estructura é moi sinxela, rixida e lixeira. O corpo consta dunha variña rodeada por un cono e na súa base dous aneis concéntricos de imáns que se atraen e repelen cando o corpo oscila sendo o que pon en marcha o alternador lineal (é o que transforma a enerxía do cono en enexía eléctrica). En comparación cos habituais muíños, estes aparellos teñen numerosas ventaxes e practicamente ningún inconvinte; caben mais muíños en menos espazo, os custos de mantemento diminuen, non hai contaminación acústica, xa que cando oscilan non fan ruído, non provocan a morte da aves ó chocar contra as súas pás, son mais eficientes…
Esta idea surxe no 2002 cando o enxeñeiro David Yáñez comezou a darlle voltas ó derrumbamento da ponte de Tacoma. Esto doulle unha idea moi sinxela que consistía na construcción dunha estructura que apoiada en diferentes leis físicas permitise pasar a enerxía dun fluído a un material sólido sen necesidade de engranaxes e forzas de rozamento. O seu dessenvolvemento comeza nun garaxe. No 2011 faise en miniatura cun túnel de vento e por último con modelos mais grandes na meseta castelá. Actualmente Yáñez co apoio de Raúl Martín (un ex compañeiro) e da empresa Voretex Bladeless esperan un primeiro lanzamento en 2016 deste produto.