Adeus a Pidre

4 Xullo 2011
Pidre

Xosé Manuel Pidre é un profesor do noso instituto que se encargou de preparar o soporte informático para a nosa revista. Este ano ten que marchar do noso centro porque lle deron destino nas Pontes de García Rodríguez. Como despedida facémoslle unha entrevista.

-Canto tempo levas no Instituto Asorey?

Estiven hai cinco anos e agora levo dous.

-Cal era o teu traballo?

Enxeñeiro de Comunicacións. Traballei en empresas de Madrid e na Universidade de Vigo. Neste centro son profesor de Sistemas Electrónicos.

-Cal foi o teu traballo na Buxaina?

Responsable técnico. Fun o encargado de montar a páxina, de formar aos outros profesores e profesoras e de resolver problemas que van xurdindo.

-Que che pareceu a revista?

Moi bonita. É un proxecto moi innovador, que bota man de todos os recursos da Web.0.

-Como crees que cambio o centro a informática?

Penso que a informática é unha boa ferramente para compartir a información e traballar en equipo. Pero nunha debe centrarse na aprendizaxe só da informática.

-Como crees que van a evolucionar os periódicos dixitais?

Creo que isto vai derivar das redes sociais, como facebook. A idea constrúese como colaboracións individuais.

-Cóntanos algunha anécdota

Unha vez unha compañeira de traballo pideume axuda para instalar un programa de ordenador con disquetes. Ao pasar un intre díxome que non era capaz de meter o terceiro disquete. Cando fun mirar tiña os tres disquetes metidos a presión na disqueteira.

-Dache pena marchar?

Sí, moita pena. Espero volver algún día.