Adeus ao esquecemento

Vacina contra o Alzheimer
4 Febreiro 2013
Alzheimer1

Un  grupo de científicos do Centro de Investigación Biomédica EuroEspes, na Coruña, baixo  a dirección  do “noso veciño” o Dr Ramón Cacabelos (nomeado fillo adoptivo de Cambados hai anos),  crearon a primeira vacina preventiva e terapéutica eficaz contra o Alzheimer, a cal xa obtivo a patente para a súa fabricación en EEUU. Polo de  agora, esta vacina só se probou con animais, pero en EEUU estanse iniciando os estudios con humanos.

Este grupo de investigadores conseguiu que os animais non desenvolveran esta patoloxía ao longo da súa vida e que se reduzan de forma espectacular as pegadas patolóxicas desta enfermidade. Están agardando a que se aproben os ensaios clínicos con persoas, o que podería facer que esta vacina sexa unha realidade nun prazo de 6 a 10 anos.

Están preparados para comezar en tres ou catro meses estes ensaios, que poderían durar de entre seis a oito anos. De momento, cos ensaios preclínicos que se fixeron en ratos, os investigadores consideran que con esta estratexia se podería duplicar a esperanza de vida nos pacientes que sofren esta enfermidade.

Esta noticia da un suspiro a moitas persoas, xa que esta enfermidade é a quinta causa de morte máis común entre os maiores de 65 anos. A parte de mellorar o noso nivel de vida, esta vacina, tamén axuda a aforrar gastos sanitarios destinados á cura do Alzheimer .

En conclusión, a invención desta vacina, é un gran avance que recibimos con moita alegría e desexamos que saia adiante.

Alzheimer