A actividade volcánica forma unha illa ao sur do Xapón

3 Decembro 2013
illa volcánica Xapoón

A forte actividade volcánica submariña que se rexistrou no Océano Pacífico, formou unha pequena illa ao sur de Tokio. Esta nova illa ocupa 220 metros de ancho e atópase situada ao sueste da illa volcánica de Nishinoshima, hoxe deshabitada, que pertence ao arquipélago de Ogasawara, moi alonxado da principal illa de Xapón.

Nas imaxes que se mostran a continuación, podemos admirar como unha columna de fume branco duns 600 metros, xúntase cunha nube de cinza negra provocada polas violentas explosións que se xeran no interior do volcán.

A Axencia Metereolóxica de Xapón, dixo ás embarcacións locais que naveguen pola zona que permaneceran alerta para evitar ser alcanzados polo volcán ou polas intermitentes explosións, que se cre que continuarán durante os próximos días. Trátase da primeira erupción que se produce onda Nishinoshimaen cerca de corenta anos, despois de que esta illa incrementara o seu tamaño entre 1973 e 1974, debido tamén, á intensa actividade volcánica.