A acidificación dos océanos
O cambio climático é algo que está á orde do día. O aumento da temperatura terrestre debido a unha elevada cantidade de CO2 cara á atmosfera provoca consecuencias que xa se coñecen na actualidade e moitas outras aínda por investigar.
Entre esas consecuencias, destaca a acidificación dos océanos. Debido ao aumento de temperatura, prodúcese un descenso dos niveis de pH dos ecosistemas mariños terrestres. Ó diminuir este, aumenta, polo tanto, a acidez dos océanos. Xa tiveron realizadas numerosos seguimentos e investigacións para coñecer os efectos que pode traer este feito e estímase que entre o século XVIII e o século XX, o pH superficial dos oceanos diminuíu un 0,75%.
Un claro exemplo deste feito é o efecto que ten sobre os corais, xa que a acidificación do seu ecosistema impídelles fabricar carbonato cálcico, polo que se forma um armazón no coral. Deste xeito a acidez dos oceanos inhibe a formación de carbonato cálcico para a formación das cunchas dos moluscos e do placton calcáreo. Ameixas, mexilóns e ostras son as especies máis afectadas, o que afecta, polo tanto, ao sector pesqueiro galego, principalmente ao das Rias Baixas.
Un novo estudo afirma que o nivel de acidez oceánica da actualidade é o maior que se tivo rexistrado dende os últimos 500.000. Esta xa aumentou preto dun 32% dende épocas preindustriais e estímase que para o ano 2.100 incrementarase un 130%, o que traerá consecuencias catastróficas na vida mariña. Aínda que o responsable deste feito é en parte o afloramento de auga ácida procedente da profundidade do océano, non debemos esquecer que o ser humano é sobre quen recae a maior parte da culpa do aumento do nivel de pH dos medios acuáticos, debido a un exceso nas emisións de CO2 provintes de fábricas, automóbiles ou uso de combustibles fósiles.