Abril (2014)

3 Maio 2014
abril-2014

Abril é o cuarto mes do ano e ten trinta días. Neste mes comezan a florecer as viñas e as árbores e toda clase de plantas. Todo o campo se enche de cor.

Veñen os paxaros do do sur para comezar a aniñar e tamén aparecen as primeiras bolboretas.

Choveu durante dazaseis días e o día que máis choveu foi o 25, con 27 l/m2. Os días medraron 79 minutos.

O último día de abril, pola noitiña, hai o costume de poñer os maios nas portas das casas, nos coches, nos barcos… din que para dar sorte ou espantar as meigas e a fame.

ALGUNS DÍAS SINALADOS:

6 de abril Día mundial da Actividade física.

7 de abril Día mundial da Saúde

16 de abril Día Internacional contra a escravitude infantil.

17-4-1790: morre Benxamin Franklin, científico e inventor estadounidense.

18-4-1955: morre Albert Einstein

19-4-1882: morre Charles Darwin, científico inglés

22-4-1970: Celébrase o primeiro Día da Terra.

26-4-1986: Accidente na central nuclear Chernóbil nas aforas de Prípiat, RSS de Ucrania, Unión Soviética