Abellas e pesticidas

A loita contra as pragas na agricultura pon en perigo ás abellas
30 Xuño 2013

A Unión Europea dou por fin un paso adiante cara a protección destes insectos, aprobando finalmente (coa oposición de Gran Bretaña) unha moratoria de dous anos para o uso duns pesticidas que se ten comprobado que son perxudiciais para as abellas.

Pesticides kill bees

Trátase de tres insecticidas neonicotinoides (clotianidina, imidacloprid y tiametoxam). Estes insecticidas son fabricados maioritariamente por dúas empresas farmacéuticas europeas: Syngenta, con sede en Suiza e Bayer, Alemaña.  As dúas levaron a cabo unha campaña de presión moi agresiva sobre os políticos de Bruselas que foi denunciada en varios medios de comunicación. Pero a sociedade civil de toda Europa tamén se mobilizou e probablemente por iso se conseguiu esta moratoria.

Unha vez máis a organización ecoloxista Greenpeace destacou organizando varias campañas en institucións  políticas e empresas como Syngenta e Bayer, para sensibilizar á opinión pública sobre o problema.

A importancia das abellas nos ecosistemas está relacionada coa función que exercen como polinizadoras. Nos EEUU a perda dun 30-40 % de colonias de abellas dende 2006 está relacionado cun síndrome provocado por estes productos e que fai desaparecer as abellas obreiras. A mortalidade de colonias en Europa está nun 20% de media, pero nalgúns países chega ao 53%. Sen a polinización destes insectos un terzo dos cultivos que consumimos tería que ser polinizado por outros medios ou enfrontariámonos a unha baixada nos rendementos agrarios.

Estimacións recentes calculan o valor da polinización que fan estes insectos en 265 mil millóns de euros.

Por iso a prohibición destes insecticidas é unha boa nova, pero non todo está gañado aínda porque é unha prohibición temporal, só dous anos, e porque o efecto destes productos químicos pode permanecer no medio ambiente aínda moito tempo despois de deixaren de ser usados.