67.000 toneladas vertidas, 1700 km de costa afectada, centos de especies afectadas, 0 culpables.

3 Decembro 2013
Prestige 2013

Recentemente celebrouse o xuízo pola catástrofe do Prestige, o xuíz sentenciou que non houbo responsables directos pero condenou ó capitán a 9 meses de cárcere por desobedecer ó goberno.

Pero realmente é isto o xusto?

Soamente estaban imputadas tres persoas, o capitán, o xefe de máquinas e o ex director da Marina Mercante. E aínda que eles, tal vez, fosen os maiores responsables hai moitas máis persoas implicadas nesta catástrofe.

Unha mala reparación nun asteleiro chino puido causar a fisura do barco, que despois agravouse ata chegar a partir pola metade.

Tal vez a empresa, por querer abaratar custos e non renovar un barco que levaba dende 1976 operando. E as compañías de clasificación encargadas de comprobar o estado do barco.

Ou os dirixentes políticos daquel momento, en especial o ministerio de Fomento e Mariano Rajoy; vicepresidente daquela, decidiron remolcar o barco mar adentro; en vez de remolcalo ao porto de A Coruña e controlar os vertidos, e censurar o ocorrido. Foi unha mala praxe por parte deles.

O único que se sabe seguro é que ninguén vai pagar por estas catástrofes e unha vez máis demostrase como a xustiza non funciona tan ben como debería.

Xuntamos un video realizado o ano pasado, con motivo do 10 aniversario da catástrofe do Prestige.