60 anos de cambio climático en 15 segundos
Así é, coas novas tecnoloxías a NASA fixo un vídeo no que se mostra o avance do cambio climático durante os últimos sesenta anos, pero a cámara rápida, polo que causa unha impresión máis impactante. Nel conseguen ilustrar de maneira rápida e sinxela as causas do efecto invernadoiro.
De acordo cos datos facilitados polo Instituto Goddard Estudios Espaciais (GISS), sabemos que o 2010 foi o ano máis cálido dende que se realizaron medicións foi o 2010, seguido do 2005. O científicos afirman que cada ano non ter por que ser máis cálido que o anterior, pero a causa das emisións de dióxido de carbono si din que cada década será máis cálida.
O que comeza como un planeta azul no vídeo, termina como un vermello, a causa do aumento das temperaturas. No último milenio tivemos 9 dos 10 anos máis calorosos: agás en 1998, os 10 anos máis calurosos dos últimos 134 anos tiveron lugar dende o ano 2000.
- MISIÓNS DA NASA PARA ESTUDAR O CAMBIO CLIMÁTICO
Entre o 2014 e o 2017 serán un total de 5 misións as que lance a NASA para estudar distintos aspectos da Terra, entre eles o cambio climático.
Traballando dende observatorios, observarán os cambios do noso planeta dende o espazo, empregando satélites e naves, entre outra ferramentas. Estudarán a influencia que ten o CO2 no cambio climático e a relación entre o quecemento global e o aumento do nivel da auga e a redución de auga potable, así como furacáns ou secas.
- Na primeira misión, que se lanzará o 27 de febreiro, conseguirán obter, a través de satélites, datos das chuvias e nevadas.
- Na segunda, que será no mes de xullo, coñecerán mellor a influencia do CO2 no cambio climático, a través do Observatorio Orbital de Carbono (OCO-2).
- A terceira misión está prevista para novembro, e consistirá nun seguimento da auga subterránea para intentar comprender mellor os ciclos da auga, a enerxía e o carbono.
- As últimas dúas misións con destino á Estación Espacial Internacional medirán os ventos oceánicos, as nubes e os aerosois.