24 de febreiro. Día de Rosalía

2 Marzo 2012
Rosalía-1

Conmemorar, lembrar, homenaxear, honrar, difundir…son todos termos que poñen de manifesto a intención da Biblioteca Asorey, de celebrar, dun xeito especial, o 175 aniversario do nacemento da Poeta de Galicia por excelencia.

Deseñamos una exposición para montar en 2 espazos e con 2 fíos argumentais que organizan o conxunto:

1-    Baseado no Chove miudiño chove

2-    Apoiado nas Campanas de Bastabales

No primeiro espazo, a zona de acceso á Biblioteca, deseñamos una instalación composta por “pingas de auga” feitas en cartulina, con poemas impresos por una cara e cunha ilustración de Rosalía, coa lenda do 175 aniversario, pola outra. Penduradas do teito e a escasa altura, para que se poidan ler, tocar e interactuar cos alumn@s cando pasan por esa zona. Un cartel co texto: Rosalía/ chuvia miúda/ de eterna primavera… introducía a instalación.

No segundo espazo, no vestíbulo principal de acceso, colocamos siluetas de campás, penduradas tamén, e coa mesma estructura de poema e imaxe, e cun cartel que sinalaba: Rosalía/ soan ledas as campás/ no teu día…

A intención do equipo da Biblioteca Asorey, era a de chamar a atención sobre Rosalía, a súa vixencia e a súa importancia na Escrita. O complemento dos poemas musicados que estiveron soando de fondo,  foron o epílogo axeitado para una xornada de Poesía e xusta homenaxe.

Rosalía