22 de abril. Día da Terra

2 Maio 2012
día da Terra

Unha celebración que foi creada para lembrarnos que somos responsables de coidar e protexer o planeta, tras observar os danos que os seres humanos lle estamos producindo: superpoboación, contaminación, esgotamento dos recursos...

Promóvense distintas actividades que pretenden concienciar sobre a importancia de reducir os problemas ambientais.

Neste día miles de organizacións e millóns de persoas mobilízanse no planeta en defensa do medio ambiente.

É unha celebración festiva que se comezou a celebrar nos Estados Unidos en 1970 promovida polo senador e activista ambiental Gaylord Nelson. Ese ano máis de 20 millóns de norteamericanos mobilizáronse para aumentar a escasa conciencia que había sobre a fraxilidade do planeta. En 1990 celebrouse en todo o mundo coa participación de máis de 200 millóns de persoas nas diferentes actividades.