22 de abril. Día da Terra

4 Maio 2011
terra

É unha celebración creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os seres humanos o estabamos sometendo. Preténdese aumentar a responsabilidade con relación ao medio e os problemas ambientais. Comezouse a celebrar nos Estados Unidos en 1970.

Nos tempos actuais o noso Planeta sofre grandes agresións: cambio climático, escaseza de auga, deforestación, desertificación e perda de solo fértil, contaminación, extinción de especies... pero tamén temos ideas para tentar solucionalo. É o momento de tomar medidas, individuais e colectivas e pasar á acción. Entre todos e todas podemos¡¡