2010, un dos anos máis cálidos
O 2010 corvetiuse, xunto co 2005, no ano máis cálido da historia, polo menos desde que se teñen rexistros oficiais das temperaturas (comezouse en 1880).
A temperatura media en 2010 foi de0,60 ºCpor enriba do promedio do pasado século,0,96 ºCna superficie terrestre e0,48 ºCnos océanos. Este ano foi tamén o de máis precipitacións con chuvias torrenciais.
O planeta leva 34 anos consecutivos con temperaturas por enriba dos valores típicos e os últimos dez anos foron os máis quentes da historia.
Algúns acontecementos relacionados co cambio climático no 2010:
Canadá: o ano máis cálido da súa historia, con temperaturas tres graos por enriba do promedio.
Colombia: inundacións abundantes, con 300 mortos e 2 millóns de desprazados.
Europa: vagas de frío que provocaron problemas de tráfico e peche de aeroportos.
Paquistán: chuvias torrenciais que causaron inundacións.
China: chuvias torrenciais e corrementos de terras con máis de 1.400 mortos.
Paquistán: chuvias torrenciais que causaron 1.500 mortes e 20 millóns de desprazados.
Rusia: vaga de calor moi severa, con 11.000 mortos só en Moscú e numerosos incendios.
Filipinas: tormenta tropical, con 80 mortos e 300.000 desprazados.
Estados Unidos: nevarada históricas.
Portugal (Illa de Madeira): inundacións, con 42 mortos.
Brasil: inundacións.
Francia: o ciclón extratropical Xynthia deixa 45 mortos e numerosos desperfectos.
Unha onda xigante provocou un accidente dun cruceiro no Mediterráneo (2 mortos e 17 feridos)
Na nosa zona producíronse varios temporais e inundacións. O máis forte foi o “Flora” con ventos de ata160 km/h(Ons), 50 barcos lanzados a terra e destrozados na Illa de Arousa, numerosas bateas, tellados, árbores, muros derrubados, cortes de luz. Danos na comarca de Arousa por valor de máis de 1 millón de euros.