14 de xuño. Día Mundial da Doación de Sangue

28 Xuño 2013
DM Doante sangue

Cada catorce de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Doante de Sangue. Este día serve para concienciar sobre a necesidade de dispoñer de sangue e produtos sanguíneos seguros e para facerlle un recoñecemento ás persoas que doan sangue de xeito voluntario para mellorar a saúde dos demais.

Este ano é o décimo aniversario da celebración do Día do Doante de Sangue e o lema da campaña é que a “doación de sangue salva vidas”.

ALGÚNS DATOS:

-Cada ano recóllense 107 millóns de unidades de sangue.

-O 65% das doacións de sangue fanse en países desenvolvidos.

-O obxectivo da OMS para o 2020 é conseguir que en todos os países o 100% das doacións sexan voluntarias e non remuneradas.

-A Organización Mundial da Saúde (OMS) escolleu esta data en conmemoración do nacemento de Karl Landsteiner  (Viena 1868), un patólogo e biólogo austríaco que descubriu o factor RH (factor Rhesus), polo que se lle concedeu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina no ano 1930.