“O Mar en Cambados”: estudo das características físico-químicas da auga

5 Marzo 2014
parámetros físico-químicos mar

parámetros físico-químicos

No laboratorio de física e química realizamos as probas para coñecer os valores de pH, temperatura, nivel de fosfatos, nitratos…, presentes nas mostras de auga  recollidas na saída de campo realizada con anterioridade. Agora, unha vez coñecidos os resultados, tentaremos sacar as nosas conclusións e presentalas nun informe descritivo do banco marisqueiro a estudo.

Amosamos, no seguinte vídeo, a metodoloxía utilizada para coñecer as principais características físico-químicas das nosas augas.