“Malaspina”, aventura oceanográfica polo Atlántico

10 Marzo 2011
Sarmiento de Gamboa

O buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa  partiu, o pasado 22 de xaneiro do porto de Vigo, en dirección as Palmas de Gran Canaria. Polo camiño irán preparando o equipo tecnolóxico para realizar a segunda parte da maior expedición oceanográfica da historia de España.

O barco realizará a coñecida ruta Colombina ata Santo Domingo. Ao longo da travesía mais de 400 persoas (investigadores, estudantes e técnicos) entre eles 30 galegos, levarán a cabo o proxecto científico. Durante a travesía recollerán  mostras de auga en distintos puntos do océano Atlántico para obter información sobre o Cambio Climático nesta parte tan impórtante do planeta.

O buque Sarmiento de Gamboa, propiedade do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), foi construído en Vigo, onde tamén está o seu punto base hoxe en dia. Ten70 metros de eslora e 15 de manga, e é unha gran plataforma científica que incorpora os sistemas mais avanzados en canto a navegación e equipamento científico e técnico necesario para a Oceanografía, Bioloxía e Xeoquímica Mariña.