Que é a biodiversidade?
“A biodiversidade é a variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas”.
(Convenio da Diversidade Bioloxica, Río 1992)
A diversidade comprende a variedade de ecosistemas -diversidade de comunidades biolóxicas que constitúen a biosfera-, a variedade de especies e as diferencias xenéticas dentro de cada especie.
Hai aproximadamente 1.750.000 especies descritas, 1.320.000 animais e 270.000 plantas, aínda que se estima a existencia de5 a10 millóns de especies…15 millóns … 30 millóns …?
Só se coñecen algo máis do 10 % das que existen.
A conservación da biodiversidade é fundamental para manter as nosas fontes de alimento, materias primas ou medicamentos, por razóns éticas ou científicas.
A biodiversidade está ameazada pola sobreexplotación (caza, pesca, tráfico de especies), pola perda dos hábitats, pola contaminacións ou pola introdución de especies invasoras.
A actividade humana multiplica por1.000 ataxa “natural” de extinción das especies.
ALGUNHAS CURIOSIDADES
As selvas son o hábitat de 2/3 da diversidade do planeta (moita sen descubrir) e producen o 28% do osíxeno que consumimos
O ser vivo máis grande coñecido é a secuoia xigante (Sequoiadendron giganteum) “Xeral Sherman”, do Sequoia National Park, en California, con 83,8 m de altura, 11,1 m na base e copa ampla. O organismo vivo máis grande que se ten documentado é unha planta mariña (Posidonia oceánica), situada entre Ibiza e Formentera. Formado por 100 millóns de exemplares, mide 8 km de lonxitude, 700 km2 e ten 100.000 anos.