Árbores de Cambados
6 Abril 2011
Aproveitando que o 21 de marzo foi o Día da Árbore decidimos facer un traballo sobre as árbores de Cambados.
O traballo consistiu en estudar as árbores máis maxestuosas ou destacadas e Cambados e darlles máis detalles á xente para que as coñeza.
Fixemos un percorrido polos xardíns e bosque do Pazo de Fefiñáns, e despois dunha pequena volta por varios lugares de Cambados, rematamos no Pazo de Serantellos (Colexio dos Salesianos) de Castrelo. Medimos ás árbores, fixemos fotos e buscamos algunha información para completar as fichas.