Á Armenteira
4 Maio 2011
O luns 25 de abril fumos á festa da Armenteira pola ruta da pedra e da Auga, un camiño reamente bonito e asombroso pola súa paisaxe.
Había moita vexetación.
Gustounos moito ver as fervenzas e os muíños, algúns restaurados. Esperemos que a acción humana nunca destruia esta beleza.
O camiño levounos aproximadamente dúas horas, cunha distancia de 6 km. Cada unha foi desde a súa casa e xuntámonos na rotonda de Ribadumia.
O último tramo era máis dificil. Cando chegamos á Armenteira había un campo no que descansamos e comemos.
Pasámolo xenial. Invitámovos a que fagades a ruta, aínda que non sexa o día da festa da Armenteira.