Xosé Manuel Pidre é un profesor do noso instituto que se encargou de preparar o soporte informático para a nosa revista. Este ano ten que marchar do noso centro porque lle deron destino nas Pontes de García Rodríguez. Como despedida facémoslle unha entrevista.
No Instituto Asorey celebramos o Entroido o venres 17 de febreiro. Cada grupo organizou un disfraz e fixo unha actuación. O primeiro premio foi para 3º ESO B e o segundo para 1º ESO C.