O patinaxe artístico sobre xeo é un deporte de inverno que se practica desde moi antigo tradicionalmente en lugares xeados e máis habitualmente en pistas pechadas acondicionadas. Facíase como medio de desprazarse ou como entretemento. A modelidade de competición consiste en interpretar unha obra musical patinando sobre unha superficie xeada mentras se fan xiros, piruetas e saltos, de forma individual ou en parella.