Noelia Parracho Rial

Artigos de Noelia Parracho Rial

Fusión de óvulos
8 Febreiro 2015

Unha nova acaparou as portadas e titulares de revistas e periódicos esta semana, “Fillo de tres pais” ou “Tres pais, un só fillo” saen en letras maiúsculas nos periódicos levando a confusión a moitos lectores.

Liropus minusculus
17 Xuño 2014
  • O olinguito: Bassaricyon neblina. É un mamífero carnívoro da familia Procyonidae, nativo das montañas dos Andes e do Ecuador.
augas residuais
14 Abril 2015

Debido á industrialización, durante o último século, a cantidade de contaminantes producidos incrementouse nunha gran cantidade. Esta contaminación, acaba afectando ó aire, á terra e, como non, ás augas, un recurso indispensable para o ser humano.

Virus do Ébola
7 Novembro 2014

Nas últimas semanas un tema acaparou a maioría dos telexornais e portadas das revistas alertando dunha noticia que alporizou a miles de persoas de todo o mundo: O primeiro contaxio da historia de ébola en Europa.

Pero, realmente estamos informados sobre todas as dimensións que abarca o virus do ébola?

halitose
29 Abril 2014

A halitose, máis coñecida como mal alento, afecta ao 60% da poboación mundial nalgún momento da súa vida, e adoita producirse debido a unha mala hixiene bucal ou a alteracións periodontais, xa que só un 10% dos casos están relacionados con outras enfermidade,s como problemas respiratorios ou doenzas estomacais.

Cometa colisión
8 Febreiro 2015

Se existe unha característica propia do home, é a de ter capacidade de razoamento, o que o leva a reflexionar sobre as cousas que o rodean e a facerse preguntas, algunhas sen resposta, que constitúen as incógnitas do ser humano. Entre elas, atópase a da orixe da auga.

cometa Ison
24 Xaneiro 2014

O tan ansiado obxecto de estudo de moitos científicos nos últimos días parece ser que se desintegrou.

robótica
11 Marzo 2013

O Luns 25 de Febreiro un grupo de  alumnos/as e profesores do I.E.S Francisco Asorey fumos á Coruña a participar no V Concurso de Robótica, na sede  da Fundación Barrié.

refinería Tarragona
4 Maio 2015

O Laboratorio do Centro do Medio Ambiente da Universidade Politécnica de Cataluña detectou en Tarragona que os niveis dun contaminante derivado do petróleo (o 1,3 butadieno) superaban por dez os límites de calidade de aire establecidos na normativa internacional.

Evolución da capa de ozono sobre a Antártida
7 Novembro 2014

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) publicaron unha síntese do informe “Avaliación científica do esgotamento do ozono de 2014”, o que supón a primeira actualización completa da capa de ozono nos últimos catro anos.

diamante
30 Abril 2014

No 2012 poxouse un diamante de 76 quilates por 21,5 millóns de dólares, acadando o record mundial de prezo de venta dun diamante incoloro.

Superficie de Nauru
11 Abril 2015

A illa de Nauru pertence á República de Nauru, e atópase no Océano Pacífico, a uns 4000 km ó suroeste de Australia.

Esta illa tiña, na súa orixe, un aspecto paradisíaco semellante á imaxe que adoita vendérsenos nas axencias de viaxe: augas cristalinas, praias e un clima tropical.

alcohol-adolescencia
19 Xuño 2014

Un estudo recente demostrou que o consumo de alcohol na adolescencia en España aumentou considerablemente nos últimos anos, sobre todo en idades de entre 14 e 16 anos.

mexillóns
5 Novembro 2013

Hai unhas semanas que a toxina lipofílica asentóuse nas rías galegas e aínda segue alí.

alento drogas
17 Xuño 2015

A detección de drogas adoita realizarse mediante mostras de ouriños, xa que cando unha persoa consume drogas estas permanecen no sangue ata que se van liberado a través da excreción ou da descomposición.

Marte
28 Xaneiro 2015

Un vehículo robótico da NASA, chamado Curiosity, que leva dende 2012 en Marte, está axudando ós científicos na busca do pasado xeolóxico deste planeta.

fungo
12 Xuño 2014

Un grupo de investigadores realizou un importante achado: un fungo capaz de resistir a elevada salinidade do mar Morto, onde foi atopado, e que podería acabar coa fame mundial.

Flor e betalaína
11 Abril 2015

Investigadores do Instituto de Química de la Universidade de São Paulo, en Brasil, que estudan la existencia de betalaínas na natureza, están tratando de crear métodos que permitan a preparación de derivados utilizables no diagnóstico e tratamento de enfermidades coma o cancro.

arsénico-análise
28 Outubro 2014

O Proxecto Fondecyt de Postdoutorado da facultade das Ciencias Agrarias da Universidade de Talca, en Chile, ten como obxectivo principal determinar a presenza e concentración de arsénico en produtos líquidos que adoitamos beber no noso día a día, tamén  chamados líquidos de consumo masivo.

catalizador
15 Febreiro 2014

Investigadores da Universidade Jaume I de Castellón desenvolveron un catalizador para conseguir activar enlaces carbono-flúor.