Un grupo de investigadores estadounidenses descubriron unha nova forma de división celulardenominada klerocinesis, que no caso de fallar a división convencional, podería, en certo modo evitar que as células continúen multiplicándose dando lugar ao cancro.
Estase a realizar un estudo, coñecido como Proxecto Biocar que evalúa a capacidade do biocarbón, que se obtén da descomposición de residuos orgánicos, como sumidoiro de dióxido de carbono e o seu efecto como aditivo agrícola.
Un estudo permitiu lograr a produción de materias primas a partir de augas residuais municipais que poden ser empregadas para a elaboración de plásticos e papel.
nvestigacións realizadas na Universidade de California en Estados Unidos descubriron que as patacas, así como outros alimentos ricos en graxa, provocan a produción por parte do intestino dunhas substancias químicas naturais chamadas endocanabinoides.
Propúxose unha nova técnica para medir o tempo cunha gran precisión, xa que soamente perdería ou gañaría a vinteava ou décima parte dun segundo durante un periodo de tempo tan amplo como o transcurrido dende a creación do universo ata hoxe, é dicir, aproximadamente 14.000 millóns de anos.
Antes de chegar a este achádego, o mellor indicador das posibilidades dun neno de padecer esta enfermidade era levar acabo un estudo da historia familiar chegando a multiplicarse por nove o risco de autismo en parellas que xa teñen un fillo con esta enfermidade.
Nos últimos anos, as diferentes investigacións e estudos con microalgas permitiu o seu uso en campos como a medicina, a cosmética, a alimentación, etc, pero unha das aplicacións máis importantes é a produción de microalgas para biocombutibles.
Tras recentes estudos, descubriuse que, en roedores vellos, existe unha activación crónica do factor nuclear kB que pode acelerar ou frear a velocidade de envellecemento a modo de interruptor.
Un grupo de científicos españois da Universidade de Salamanca e un grupo de investigadores Mexicanos levaron a cabo un estudio para levar a cabo a descontaminación de aguas con metais pesados procedentes de zonas minerais mediante o emprego duns extractos de plantas. Esta técnica está deseñana para ser empregada principalmente en zonas mineiras e está sendo provada actualemente en México.
A vitamina comunmente coñecida como vitamina B12, ten unhas propiedades que a diferencian das demáis vitaminas en canto entra en contacto co noso organismo. Esta vitamina ten unha gran importancia, xa que limpia o dióxido de carbono entre outras funcións.
Un estudo realizado pola Universidade de Exeter no Reino Unido confirmou a posibilidade de elaborargasóleo(diesel, gasoil ou ACPM) mediante un método que provoca a produción deste combustible por parte dunhas bacterias, asE.coli , uns dos organismos procariotas máis estudados en diferentes campos da ciencia.
Cal é o mineral máis duro? Cando oímos esa pregunta todos pensamos no diamante pero descubriuse un mineral que posúe unha dureza do 58% maior á do diamante.