Manuel Busto Iglesias

Artigos de Manuel Busto Iglesias

nanografeno
1 Xuño 2013

Científicos do centro de investigación IBM en Zúrich conseguiron diferenciar por primeira vez os diferentes enlaces químicos existentes entre moléculas individuais, empregando a microscopía de forza atómica, unha técnica que cada vez ten máis aplicacións e que naceu nese mesmo laboratorio no ano 1986.

nobel química 2012
12 Xaneiro 2013

O premio Nobel de química deste ano foi outorgado ós investigadores Robert Lefkowitz e Brian Kobilka, polos seus traballos sobre o funcionamento dos receptores acoplados ás proteínas G, un campo de estudio que deu entrada a importantes avances farmacolóxicos.

ADN cuádruple
31 Marzo 2013

En 1953, os científicos James Watson e Francis Crick descubriron que o ADN humano presentaba unha estructura de dobre hélice e este importante descubrimento concedeulles o Premio Nobel en 1863.

diamantes
2 Novembro 2011

Un grupo de investigadores atoparon  nunha mina de Brasil  diamantes moi pouco comúns formados a case 700 kmde profundidade, cando a maioría destas xemas fórmanse a 200 km.

anticanceríxeno
19 Xuño 2013

Hai algúns anos un equipo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en Cambridge, Estados Unidos, foi o primeiro en sintetizar quimicamente un composto moi complexo derivado de fungos que amosou unha grande actividade anticanceríxena.

Watson & Crick
12 Xaneiro 2013

O 28 de febreiro de 1953, despois de múltiples investigacións e reflexións de equipos científicos de diferentes lugares do mundo acerca de cal sería a forma do ADN no núcleo da célula, e que permitiría duplicarse e transferir a súa información, James Watson e Francis Crick chegaron a unha conclusión asombrosa…o ADN ten forma de dobre hélice. 

grafeno
2 Maio 2013

O grafeno, un dos materiais máis finos, flexibles, fortes e con maior condutividade que existen, está chamado a revolucionar o futuro, dende importantes cambios na industria da telefonía móbil, as telecomunicacións ou a fabricación de chips, ata a forma de elaborar diferentes fármacos contra o cancro.

A sediba
2 Marzo 2012

O l5 de agosto de 2008, o paleoantropólogo Lee Berger realizou unha exploración nunha cova sudafricana (cova Malapa). Nela atopou os restos de un homínido moi singular; o seu nome é Australopithecus sediba, e podería axudar a resolver o complexísimo puzzle da nosa evolución.

Pesticides kill bees
30 Xuño 2013

A Unión Europea dou por fin un paso adiante cara a protección destes insectos, aprobando finalmente (coa oposición de Gran Bretaña) unha moratoria de dous anos para o uso duns pesticidas que se ten comprobado que son perxudiciais para as abellas.

Xavier Lavandeira
28 Xaneiro 2013

Xavier Labandeira é un economista e investigador vigués. Na actualidade é catedrático no Departamento de Economía da Universidade de Vigo e pertence, ademais, a Rede, un grupo de investigación no ámbito da enerxía e medioambiente.

Verquidos petróleo Rusia 2
5 Maio 2013

Segundo Greenpeace Rusia verte ó ano un mínimo de 5 millóns de toneladas de petróleo.

enerxía para todos
3 Maio 2012

O Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas da Universidade Carlos III de Madrid, está desenvolvendo tecnoloxías axeitadas para países subdesenvolvidos.

mascariña
1 Febreiro 2013

Un estudio realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) que evalúa a calidade do aire e a presenza de contaminantes que afectan á saúde das persoas, revela que o aire europeo está repleto dunha gran cantidade de partículas nocivas para o ser humano.