Comezamos con este unha serie de traballos feitos polo alumnado de 2º da ESO na clase de ciencias onde se analizan os xogos e deportes desde o punto de vista da física.
Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos. Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían co fin de ano.
A miocardiopatía dilatada (MCD) é una enfermidade que consiste na dilatación progresiva dos ventrículos do corazón, facendo que se inche como un balón, e se vaia debilitando ata o punto no que non pode bombear suficiente sangue ao resto do corpo
Un grupo internacional de científicos, liderado por Jonathan Fraine e Drake Deming detectaron vapor de auga na atmosfera dun planeta que orbita nunha estrela diferente ao Sol, chamado HAT-P-11.
O oito de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Esta data sinalada foi creada en 1992 en ocasión da realización da Cumbre Mundial en Río de Xaneiro en Brasil. Un día para recordar a importancia do mar para o planeta e para as nosas vidas. O seu funcionamento determina o clima e permite explicar a diversidade da vida que hai no noso planeta.
Ao longo do tempo os animais foron desenvolvendo distintos órganos e adaptacións para desprazarse da forma máis axeitada no seu ambiente ou para resolver as súas necesidades de defensa, traslado ou captura de alimento...
O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) ten un gran laboratorio dedicado ao autoensamblaxe, e o director deste laboratorio é Skylar Tibbits, o precursor dun novo proxecto de impresión 4D que presentou nunha conferencia en TED.
O nitróxeno é un gas que se aplica ao solo como fertilizante, converténdoo en óxido nitroso. Este gas de efecto invernadoiro é o máis potente e agresivo, cun potencial de quentamento global 300 veces maior que o do CO2, e que constitúe o 38% de todas as emisións de gases efecto invernadoiro na agricultura.
O luns, 17 de outubro, os tres grupos de segundo de ESO fumos de visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, situado na serra da Loba, no linde entre as provincias de Lugo e A Coruña.
O Padre Feijoo foi un relixioso, escritor e pensador galego do que Francisco Asorey fixo unha escultura en pedra que está no claustro do Mosteiro de Samos. Está considerado o máis grande filósofo español do século XVIII e o mellor expoñente do racionalismo ilustrado.
Unha ruta circular desde o Monte da Pastora, en Cambados, que combina a visita a monumentos de interese coa observación da natureza, dos cultivos e das construcións tradicionais. Pódese completar cunha visita ao Museo do Viño.
O 2010 corvetiuse, xunto co 2005, no ano máis cálido da historia, polo menos desde que se teñen rexistros oficiais das temperaturas (comezouse en 1880).
O científico Jef Boeker coa axuda de Chandrasegaran e a colaboración de máis de 50 estudantes, levaron a cabo o desenvolvemento da idea de crear un lévedo cuxo xenoma estivese fabricado por completo nun laboratorio a partir das moléculas químicas básicas do ADN, crea
Todd Yeates, profesor de química e bioloxía na Universidade de California (UCLA) foi quen de crear a “gaiola” molecular sintética máis grande ata agora mediante moléculas proteicas que se autoensamblan entre si.