Converte directamente a enerxía luminosa en enerxía eléctrica. Cando a luz incide sobre as placas fotovoltaicas fai que os electróns salten dos átomos e xeren unha corrente eléctrica. O ciclo non se interrompe mentras reciba enerxía solar.
O luns 27 de xaneiro os/as alumnos/as do IES Francisco Asorey fixemos unha saída á Coruña e alí visitamos distintos museos científicos. Nós imos contarvoas a visita á Domus ou "Casa do Home", un museo que se centra no ser humano e o mundo da física e a química.