Isaac Pontanilla Pérez

Licenciado en Bioloxía. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía na ESO no IES Francisco Asorey. Autor e parte do equipo  de edición de A Buxaina.

Autor de diversas publicacións relacionadas coas ciencias e co medio galego: “Árbores de Galiza”, “Montañas de Galicia”, “Augas Caídas, fervenzas de Galiza”, “A costa de Galiza”,  “As comarcas de Galiza, patrimonio natural”, “Galiza-A Natureza”. Edicións A Nosa Terra.

Artigos de Isaac Pontanilla Pérez

biocombustibles
4 Xaneiro 2011

A produción de biocombustibles a partir de materia vexetal presentouse desde un principio como unha alternativa necesaria e complementaria aos combustibles fósiles, a fin de reducir a emisión de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro a atmosfera.

Fervenza de O Ézaro
31 Marzo 2013

A desembocadura do río Xallas na localidade de Ézaro, no concello de Dumbría, moi preto de Fisterra, ten unha característica case única en Europa: rematar no mar en forma dunha fervenza que salva un desnivel de varias decenas de metros.

Manuel Becerra
3 Xaneiro 2011

O grupo EXPRELA (Expresión Xénica en Fermentos e Aplicación) está coordinado por Esperanza Cerdán. Pertence ao laboratorio de Bioquímica da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Descubridores estrutura ADN
31 Marzo 2013

O 25 de abril de 1953 a revista científica Nature publicaba un artigo firmado por Francis Crick e James D. Watson, que supuxo un fito moi importante na historia da ciencia, no que os autores desvelaban a auténtica estrutura do ADN.

est meteorolóxica
3 Marzo 2011

Na actualidade o IES Francisco Asorey conta nas súas instalación con dúas estacións meteorolóxicas, unha dixital e outra manual, que cumpren os estándares para homologar os datos obtidos nas mesmas.

ría Arousa
9 Abril 2013

Sen lugar a dúbidas o tipo de formación máis característico da costa galega son as rías, e foi precisamente en Galicia onde foron estudados científicamente estes elementos do litoral en 1886 por un xeólogo e xeógrafo alemán, Ferdinand von Richtofen, momento a partir do que o termo ria é empregado na linguaxe científica internacional para designar este tipo de costa, da que tamén podemos atopar exemplos nas Illas Británicas, Croacia ou en países tan afastados como México, Papúa-Nova Guinea, Australia ou Nova Celandia.