Iago Padín Domínguez

Artigos de Iago Padín Domínguez

 traqueobroncomalacia
4 Maio 2015

Tres bebés de tres, cinco e dezaseis meses conseguiron sobrevivir a unha enfermidade respiratoria incurable grazas a unhas férulas de impresión 3D.

Olga-can
7 Decembro 2010

A protectora de animais de Cambados visitou o noso centro para explicarnos a gravidade que ten abandoar os cans. Con esas charlas tentounos inculcar a importancia de coidar os cans, os gatos ou calquera outro animal que teñamos na casa e que non lles fagamos a eles o que non queiramos que nos fagan a nos, xa que tamén son seres vivos.

maios
7 Xuño 2011

Desde a antigüidade en toda Europa celébranse as festas maiais o primeiro domingo do mes para conmemorar a chegada da primavera.

As orixes das festas de maio veñen do tempo dos antigos fenicios e gregos. Os  celtas celebraban o Baltane, coíncidindo co tempo en que se comezaba a levar o gando aos pastos de verán de montaña. Os romanos celebraban a chegada das primeiras flores e os cristiáns adicáronlle o mes á Virxe María.

Semana Ciencia-2010-
3 Decembro 2010

Os grupos de primeiro de ESO fixemos unha exposición sobre a biodiversidade. Formamos grupos e cada un escolleu unha letra da palabra biodiversidade que estaba adicada a un tema.

SOL
4 Xullo 2011

O Día Mundial do Sol celébrase o mesmo día que o solsticio de verán, o día máis longo do ano no hemisferio norte.

Isaac Newton
6 Abril 2011

O 31 de marzo cúmplense 284 anos da morte de Isaac Newton, un dos científicos máis grandes de todos os tempos. A Buxaina quere recordarnos a todos o importante que foi o seu traballo para a ciencia.

SOL
4 Xaneiro 2012

O sol é a fonte inesgotable da maioría das enerxías. Mantén o noso planeta dentro dunhas condicións que fan posible o seu funcionamento e a vida.

Yellowstone
15 Decembro 2012

Algúns científicos alertan da posibilidade de que se produzan supererupcións volcánicas que poderían ter efectos desvastadores sobre unha gran área da Terra ou sobre a súa totalidade, provocando unha gran destrución e  e cambio climático.

Memorias neno labrego1
4 Maio 2011

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".