Emilio Lumbres Huaracha

Artigos de Emilio Lumbres Huaracha

baloncesto
2 Maio 2012

O Baloncesto é un deporte de equipo no que xogan dous equipos de cinco xogadores.

Cada equipo tenta marcar puntos facendo canastas, dobres e triples, depende de onde encestes.

Nesta presentación facemos unha explicación do deporte e das forzas que actúa cando se practica.

Caprella mutica
3 Maio 2014

O camarón esqueleto xaponés, de nome científico de Caprella Mutica, é unha especie orixinaria do  mar de Xapón, este crustáceo colonizou en moi pouco tempo varias zonas costeiras do norte de Europa, sendo esta, a primeira vez que se detectou en augas galegas.

marea negra en Canarias
2 Maio 2015

Catro días despois do afundimento do pesqueiro con bandeira rusa Oleg Naydenov (levaba consigo 1.400 toneladas de fuel) a unha profundiade de 2.400 metros, e a unhas 15 millas (24 kilómetros) ao sur de punta de Maspalomas, este segue soltando fuel nunha grande mancha contaminante que viaxaba en dirección suroeste, empuxada polo vento e as correntes mariñas.

canguro
11 Decembro 2012

Cando falamos dos canguros pensamos neses simpáticos animais que se desprazan dando grandes saltos e que levan á súa cría nunha bolsa no seu ventre.