Como o seu nome indica, a bronquite é a inflamación da mucosa dos bronquios, dous conductos formados pola bifurcación da tráquea no interior da caixa torácica. Esta enfermidade pode estar causada por diferentes axentes infecciosos ou pola exposición a diferentes sustancias químicas que teñen un efecto irritante no recubrimento interno dos mesmos. Na seguinte presentación se describen os aspectos máis notables referidos a esta enfermidade.
Con estas entrevistas iniciamos unha serie de artigos nos que pretendemos recoller experiencias, opinións e traballos dos nosos profesores e profesoras.
É unha tradición cristiá, especialmente dos católicos, que se celebra en moitos paises europeos (Italia, España, Portugal, Francia, Alemania, Austria, Hungría, Chequia, Eslovaquia, Polonia...) e de América, especialmente América Latina.
Grazas ao proxecto de investigación Proxies 2, coordinado polo Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade de A Coruña en colaboración co Clube de Espeleoloxía A Trapa-Cetra de Vigo, foi localizada unha cova granítica cun río subterráneo que é considerado o máis caudaloso de Europa localizado nunha formación de granito.
Desde o 1 de setembro de 2012 deixou de fabricarse na Unión Europea a lámpada incandescente tradicional, un dos inventos máis útiles de todos os tempos que leva 132 anos dando luz en todos os fogares.
Un dirixible é un aerostato autopropulsado con capacidade de manobra para ser gobernado coma unha aeronave. A sustentación aerostática acádase mediante depósitos cheos dun gas menos denso que o aire que o rodea.
Sabías que no mundo hai case tantos teléfonos móbiles como peroas e que a súa cantidade aumente considerablemente cada ano, en especial nos países desenvolvidos.
O 10 de xaneiro, hai 234 anos, morría en Suecia Carlos Linneo, un científico, naturalista, botánico e zoólogo sueco, que é coñecido por ser o creador do sistema científico para nomear as especies de seres vivos e a súa clasificación.
A teoría máis coñecida sobre a orixe do Universo céntrase nun cataclismo cósmico sen igual na historia: o Big Bang. Esta teoría xurdiu da observación do afastamento a gran velocidade doutras galaxias respecta á nosa en tódalas direccións, coma se fosen repelidas por unha antigua forza explosiva.
Como en anos anteriores, o músico Xaquín Xesteira, veunos dar unha conferencia práctica para explicarnos como funcionan e como soan algúns dos instrumentos tradicionais galegos. Estivo acompañado polos nosos compañeiros Roi, Anxo e Miguel e contou tamén coa axuda dalgún profesor.