Saúde

Alzheimer 1
27 Marzo 2016

O alzheimer é unha enfermidade caracterizada pola diminución das funcións intelectuais da persoa, cunha consecuente perda da memoria e deterioro do pensamento. Segundo un estudo realizado con ratos, as persoas con alzheimer esquecen as caras ou onde gardaron obxectos porque o seu cerebro non consegue atopar onde arquivou eses recordos

Sensores que detectan cancro de mama
26 Marzo 2016

Investigadores da Universidade de Tokyo xunto con investigadores de EEUU foron capaces de crear un sistema mediante o cal se pode detectar o cancro de mama, sen necesidade dunha mamografía.

Virus Zika
26 Marzo 2016

A febre amarela, o dengue, o virus Chikungunya … teñen en común o feito de ser virus transmitidos polos mosquitos da familia Aedes. A súa orixe (sen exactitude) remóntase aos tempos nos que os pobos africanos comezaron a utilizar recipientes para almacenar auga.

Cálculos renais
26 Marzo 2016

As mulleres que padeceron un cólico nefrítico opinan que a dor é peor co dun parto; así de doloroso resulta un cólico de ril. É máis común en varóns.

O ril encárgase de filtrar moitas substancias, entre elas sales minerais. A maior cantidade de estas substancias no plasma sanguíneo, que o ril depura, haberá máis presenza a nivel da urina.

Dia mundial da síndrome de Down
26 Marzo 2016

O pasado 21 de marzo foi o Día da síndrome de Down.

Comparación entre corazón con MCD e un corazón normal
23 Marzo 2016

A miocardiopatía dilatada (MCD) é una enfermidade que consiste na dilatación progresiva dos ventrículos do corazón, facendo que se inche como un balón, e se vaia debilitando ata o punto no que non pode bombear suficiente sangue ao resto do corpo

Lactancia embarazo
3 Xaneiro 2016

Os múltiples beneficios que o leite materno proporciona ao recén nacido están fóra de toda dúbida, xa que cobre todas as necesidades nutricionais do bebé.

transxénicos
17 Xuño 2015

O seres humanos caracterízanse, entre outras cousas, pola súa inconformidade e capacidade de adaptar o medio ás súas necesidades, pero ata que punto son capaces de cambiar a natureza para satisfacer as súas exixencias?

infarto cerebral
17 Xuño 2015

Tras investigar sobre a proteína E-selectina e a súa presenza no cerebro durante un infarto cerebral, agora os científicos comprobaron que un composto, que xurde da combinación de dúas substancias axuda a reducir a inflamación e o volume cerebral afectado tras un accidente cerebrovascular ou ictus.

alento drogas
17 Xuño 2015

A detección de drogas adoita realizarse mediante mostras de ouriños, xa que cando unha persoa consume drogas estas permanecen no sangue ata que se van liberado a través da excreción ou da descomposición.

 traqueobroncomalacia
4 Maio 2015

Tres bebés de tres, cinco e dezaseis meses conseguiron sobrevivir a unha enfermidade respiratoria incurable grazas a unhas férulas de impresión 3D.

corazón
4 Maio 2015

A morte súbita é unha forma de morte natural provocada pola perda brusca e inesperada da función cardíaca.

holoturia
2 Maio 2015

holoturia é un animal invertebrado do grupo dos holoturoideos; equinodermos que viven nos fondos dos mares. A súa aparencia é vermiforme cun corpo alongado e brando.

estruturas polimericas
14 Abril 2015

Os hidroxeles son estruturas polimericas , de alto contido en auga, consistencia branda e elástica, cunha gran capacidade de absorción e que non se disolven en ningún liquido.

froitas
14 Abril 2015

Segundo unha gran cantidade de estudos científicos, os antioxidantes poden retardar ou posiblemente previr o desenvolvemento dalgunhas enfermidades, como o cancro ou as enfermidades cardiovasculares, e outras dexenerativas, como o alzhéimer ou o propio envellecemento.   

Flor e betalaína
11 Abril 2015

Investigadores do Instituto de Química de la Universidade de São Paulo, en Brasil, que estudan la existencia de betalaínas na natureza, están tratando de crear métodos que permitan a preparación de derivados utilizables no diagnóstico e tratamento de enfermidades coma o cancro.

Placenta
11 Abril 2015

A bolsa na que todos e cada un de nós pasamos arredor de nove meses antes de nacer apenas é coñecida para a ciencia, xa que cando unha nai da a luz, a placenta desbótase. Respecto a este órgano, hai que mencionar que os factores de risco de enfermidades non transmisibles poden ser contraídas xa na concepción. Incluso antes de que os pais tiveran pensado ter fillos, os seus hábitos poderían afectar á futura descendencia.

vacas
7 Abril 2015

Existen moitas razóns para comer menos carne: a terra necesaria para a cría do gando, o consumo desmesurado de auga, a calidade do aire, a nosa propia saúde, o sufrimento dos animais...

porro
7 Abril 2015

Un grupo internacional de científicos atopou unha explicación neuronal sobre a razón pola cal o cannabis aumenta a fame.

exoesqueleto
7 Abril 2015

O principal obxectivo do proxecto de investigación HYPER é mellorar a calidade de vida de pacientes que teñen unha mobilidade limitada, acelerando tamén o proceso de recuperación desas persoas que sofren de discapacidade motora.

Vésporas
2 Abril 2015

O veleno da véspora contén toxinas (melitina) con propiedades antitumorais. Así o afirma un novo traballo do instituto de investigación en Barcelona. As toxinas son péptidos (proteina pequena); un tipo de moléculas formadas pola unión de varios aminoácidos, que  teñen  a capacidade de formar poros  na membrana plasmática das células, provocando a súa morte.

análise
11 Marzo 2015

Un dos test máis habituais para detectar a sida e a bacteria Treponema pallidum da sífile é o test ELISA. Os equipos que se utilizan nesta proba custan ao redor de 18.000 dólares.

e Dura
1 Marzo 2015

Un equipo internacional de científicos, liderados dende a Escola Politécnica Federal de Lausana (EPFL) en Suiza, creou un dispositivo ao que bautizaron como ‘duramadre electrónica’ (e-Dura).

VIH
1 Marzo 2015

Dous grupos de investigación estadounidenses levaron a cabo uns estudos que demostran o efecto protector do fármaco GSK744, desenvolvido pola multinacional farmacéutica GlaxoSmithKline (GSK), fronte á infección vaxinal por VIH, a vía máis común de transmisión do virus.

sensibilidade térmica
1 Marzo 2015

Grazas ao traballo feito polos investigadores do Instituto de Neurociencias de Alicante, descubriuse o mecanismo molecular que regula a sensibilidade térmica do corpo, o que axuda ao desenvolvemento de novos fármacos contra a dor crónica, sobre todo á relacionada coa hipersensibilidade ás baixas temperaturas.

Fusión de óvulos
8 Febreiro 2015

Unha nova acaparou as portadas e titulares de revistas e periódicos esta semana, “Fillo de tres pais” ou “Tres pais, un só fillo” saen en letras maiúsculas nos periódicos levando a confusión a moitos lectores.

desodorantes
28 Xaneiro 2015

A pel constitúe unha barreira de protección contra os axentes externos, ademais tamén contribúe en moitos procesos do noso corpo.

llamas
28 Xaneiro 2015

A busca dunha vacina eficaz contra o SIDA segue a ser unha prioridade para os científicos e curiosamente atoparon un inesperado aliado que podería axudarlles a conseguilo: trátase da llama.

cobra real
28 Xaneiro 2015

A cobra real é un réptil que habita nos bosques do Suroeste asiático.

pel3d
12 Xaneiro 2015

O pasado mes de decembro, un equipo de investigadores españois do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) publicaron un artigo no que afirman que é posible rexenerar o pelo.

percepción
11 Xaneiro 2015

Tódalas persoas tendemos a confiar sen dubidalo nos nosos cinco sentidos básicos, a ninguén se lle ocorre que o noso cerebro poida enganarnos, pero tras varios estudos quedou demostrado que non todo é como cremos ou, máis ben, como o noso cerebro nos fai crer.               

envellecer
11 Xaneiro 2015

Nunha investigación, de hai algo máis de dous anos, tras a que se encontran 5 centros españois de investigación, lograron desenvolver un nanodispositivo intelixente capacitado para tratar células envellecidas, e que ademais de servir para o tratamento de patoloxías de envellecemento acelerado (proxerias), tamén serven para tratar enfermidades entre as que se encontran o cancro, o Alzheimer e o Párkinson.

6 Decembro 2014

O colesterol é un lípido do grupo dos esteroides. A pesar da súa mala fama é unha molécula imprescindible nas membranas celulares e, ademais, é precursor de outras moitas moléculas como hormonas sexuais ou sales biliares. Pero o seu exceso no organismo pode ser moi perigoso, e non só por ser o principal causante da arterioesclerose, senón que, como se descobreu recentemente, tamén pode estar relacionado con algúns tipos de cancro. A seguinte ilustración amosa a influencia desta molécula na metástase dos tumores.

gas cloro
3 Decembro 2014

O cloro é un compoñente habitual na industria e véndese de forma legal, pero tamén pode empregarse como precursor dunha arma química, que era moi frecuente hai un século na Primeira Guerra Mundial. 

alcoholismo
3 Decembro 2014

Todo o mundo sabe que o consumo de alcohol afecta, en primeiro lugar, ás emocións, ós procesos de pensamento e ó xuízo, e que, a  continuación, comeza a alterarse o control motor, producindo dificultades para falar, reaccións máis lentas e perda do equilibrio.

Tacto
3 Decembro 2014

A  biotecnoloxía  avanzou moito nos últimos tempos, un exemplo claro ofréceno os avances que acaban de proporcionar dous equipos de investigadores das universidades de Suecia e Estados Unidos, desenvolvendo  próteses biónicas  que permiten a persoas amputadas sentido do tacto

Autista
7 Novembro 2014

O autismo é un trastorno do desenvolvemento que aparece nos primeiros tres anos de vida e afecta ao desenvolvemento cerebral normal das habilidades sociais e de comunicación. Este trastorno afecta con máis frecuencia aos nenos que ás nenas.

Virus do Ébola
7 Novembro 2014

Nas últimas semanas un tema acaparou a maioría dos telexornais e portadas das revistas alertando dunha noticia que alporizou a miles de persoas de todo o mundo: O primeiro contaxio da historia de ébola en Europa.

Pero, realmente estamos informados sobre todas as dimensións que abarca o virus do ébola?

Premio Nobel Medicina
28 Outubro 2014

Como sabemos onde estamos? Como somos capaces de atopar un camiño dun lugar a outro? E como podemos almacenar tal información de forma que poidamos atopar de inmediato a forma para que a próxima vez saibamos cal é o camiño correcto?

arsénico-análise
28 Outubro 2014

O Proxecto Fondecyt de Postdoutorado da facultade das Ciencias Agrarias da Universidade de Talca, en Chile, ten como obxectivo principal determinar a presenza e concentración de arsénico en produtos líquidos que adoitamos beber no noso día a día, tamén  chamados líquidos de consumo masivo.

flora bacteriana intestinal
12 Outubro 2014

O cancro de colon, ou cancro colorrectal, é a terceira forma máis común de cancro e unha das causas máis importantes de morte, deixando cada ano 639.000 mortes. O tratamento é polo xeral quirúrxico e en moitos casos seguido por quimioterapia.

electroestimulación-rata
9 Outubro 2014

paraplexia é unha enfermidade permanente producida normalmente por lesións da medula espiñal ou por causas conxénitas. Esta patoloxía afecta á parte inferior do corpo e ocasiona a paralización e a perda de funcionalidade e mobilidade dos membros da mesma.

8 Outubro 2014
Como o seu nome indica, a bronquite é a inflamación da mucosa dos bronquios, dous conductos formados pola bifurcación da tráquea no interior da caixa torácica. Esta enfermidade pode estar causada por diferentes axentes infecciosos ou pola exposición a diferentes sustancias químicas que teñen un efecto irritante no recubrimento interno dos mesmos. Na seguinte presentación se describen os aspectos máis notables referidos a esta enfermidade.
8 Outubro 2014

No intestino delgado prodúcese gran parte da dixestión dos alimentos, no seu interior conflúen o zume pancreático producido no páncreas, a bile procedente do fígado e o zume intestinal vertido polas propias paredes do intestino delgado, que facilitaran o remate do proceso dixestivo. Ademais, no intestino delgado ten lugar a absorción das sustancias resultantes da dixestión. Para levar a cabo esta labor a parede interior do intestino delgado está sumamente pregada para incrementar a superficie de absorción. 

8 Outubro 2014

Hai unha gran variedade de axentes patóxenos (virus, bacterias...) que teñen capacidade para xerar inflamacións dos pulmóns, cuadro clínico que se coñece xeralmente como neumonía. A gravidade desta enfermidade depende en gran medida do axente causante, pero tamén da idade e do estado de saúde xeral do afectado. 

Na seguinte presentación coméntanse diferentes aspectos destacables desta enfermidade.

cancro-fluorescencia
3 Outubro 2014

As células que forman parte dun tumor son moi diferentes no tocante á súa morfoloxía. Só o 2% delas correspóndese coas células nai, as cales son a orixe do cancro.

alcohol-adolescencia
19 Xuño 2014

Un estudo recente demostrou que o consumo de alcohol na adolescencia en España aumentou considerablemente nos últimos anos, sobre todo en idades de entre 14 e 16 anos.

crema solar1
17 Xuño 2014

Agora que chega o verán, é frecuente ver polas rúas xente con queimaduras de sol. Estas queimaduras duran sobre uns tres días na pel ata que escaman. A simple vista, pode paracer algo leve, pero o certo é que isto trae graves problemas a longo e curto prazo.

Efectos cerebrais do Alzheimer
16 Xuño 2014

Unha nova investigación comprobou os efectos da Estimulación Cerebral Profunda estimulando os núcleos basais de Meynert, relacionados coa memoria.

virus-cancro
13 Xuño 2014

Andrew Hessel, un científico estadounidense especializado en bioloxía, acaba de propoñer unha nova vía para acadar a cura do cancro.

mediciña experimental
12 Xuño 2014

A medicina rexenerativa pon de obxectivos a curación de enfermidades sen tratamento, a rexeneración de tecidos danados pola vellez, a creación de órganos ou a solución a trastornos xenéticos. Quen sabe se poderán curar a propia vellez.

bebendo
12 Xuño 2014

Dúas terceiras partes do noso corpo son auga, un dos compoñentes básicos para o noso organismo para poder vivir.

fungo
12 Xuño 2014

Un grupo de investigadores realizou un importante achado: un fungo capaz de resistir a elevada salinidade do mar Morto, onde foi atopado, e que podería acabar coa fame mundial.

121anos
21 Maio 2014

A francesa Jeanne Calment, unha celebridade que naceu no 1875 en Arlés (na Provenza Francesa), e que faleceu no 1997, con 122 anos, foi a persoa máis lonxeva do mundo cuxa idade puido ser documentada.

conco erros memoria
21 Maio 2014

A nosa memoria ten uns fallos que afectan a toda a xente, incluso os que a traballan. Estes son os cinco fallos máis cotiáns.

1. COÑEZOTE?

corazón
20 Maio 2014

Antes de comezar debemos asegurarnos de que sabedes ben que é o corazón. O corazón é un órgano muscular, e o principal do sistema circulatorio. O corazón do ser humano é oco e está situado na cavidade torácica. A súa función é a de impulsar o sangue por todo o corpo.

febre amarela
20 Maio 2014

Un estudo levado a cabo polo Imperial College de Londres en colaboración coa OMS, estimou que a febre amarela, unha enfermidade viral que afecta ás rexións tropicais de África e América Central do Sur, acabou coa vida de 78.000 persoas en África no 2013.

auga embotellada
15 Maio 2014

Por termo medio, unha persoa inxire ó día preto dun litro de auga, o que se corresponde con seis ou sete vasos, tendo en conta tamén a que achegan os propios alimentos.

crema solar
15 Maio 2014

Para protexernos do sol necesitamos as cremas solares, que actúan absorbendo ou reflectindo  as radiacións do sol que chegan á nosa pel.

parche a distancia
4 Maio 2014

Uns científicos de EEUU, China e Corea investigan uns dispositivos, en forma de parche, con circuítos integrados, sensores, sistema de comunicación por radio e unha cobertura de silicona.

trasplante brazos
3 Maio 2014

O quinto transplante de brazos no mundo, e o segundo en España, foi realizado con éxito por un equipo de ciruxáns españois composto por máis de vinte persoas.

anciáns
3 Maio 2014

O soño de todos é vivir o máximo posible, e así poder gozar máis da vida. Pero é posible? Que é o que haberá que facer para facer realidade este soño?

DM Actividade Física
3 Maio 2014

Segundo Caspersen (1985) a actividade física é “calquera movemento corporal, producido polos músculos esqueléticos, do que resulta un gasto enerxético maior que nos niveis de repouso”. Podemos dicir que é calquera esforzo muscular predeterminado destinado a facer unha tarefa.

Alerxia
3 Maio 2014

Os resultados dun estudo realizado en Estados Unidos sobre os anticorpos, revelou que o que varía nas persoas alérxicas en cada país é a substancia que cada una delas rexeita. Sospéitase que non depende tanto da exposición a certas substancias, se non da predisposición previa de cada persoa.

sangue artificial
30 Abril 2014

O desenvolvemento de sangue artificial podería ser posible grazas a un novo método inventado por científicos da Universidade de Connecticut (EEUU) para estabilizar a hemoglobina.

roupa
30 Abril 2014

Sen darnos conta convivimos cada día con máis de 100.000 substancias químicas, moitas das cales son perxudicias para o noso entorno ou saúde.

halitose
29 Abril 2014

A halitose, máis coñecida como mal alento, afecta ao 60% da poboación mundial nalgún momento da súa vida, e adoita producirse debido a unha mala hixiene bucal ou a alteracións periodontais, xa que só un 10% dos casos están relacionados con outras enfermidade,s como problemas respiratorios ou doenzas estomacais.

cerebro
29 Abril 2014

Todas as persoas maiores, e non tan maiores, acostuman a esquecerse de certos detalles da vida cotiá, como por exemplo onde deixou as lentes ou que era o que tiña que mercar, etcétera. 

cranio 3d
19 Abril 2014

Unha paciente holandesa foi a primeira persoa do mundo en recibir unha prótese completa de cranio elaborada grazas a unha impresora en 3D e compatible co seu organismo.

skinsuit
27 Marzo 2014

Un dos efectos de viaxar ao espazo é que un regresa sendo máis alto. Aínda que pareza incrible, rexistráronse casos de astronautas que medraron ata 7 cm tras unha misión.

ambrosía
5 Marzo 2014

Na mitoloxía, a Ambrosía era a bebida dos deuses gregos, a que lles outorgaba a inmortalidade. Ambrosía arborescens foi o nome que se lle puxo a unha das plantas chegadas de América, empregadas na medicina tradicional andina.

cancro mama
15 Febreiro 2014

Científicos da Universidade de Duke (EE UU) levaron a cabo un estudo sobre a influencia do colesterol no risco de contraer cáncer de mama.

anemia-móbil
15 Febreiro 2014

Una nova técnica permitirá detectar a anemia sen ter que realizar un análise de sangue.

froitos secos
15 Febreiro 2014

Un recente estudo  demostra que o consumo habitual de froitos secos aumenta a esperanza de vida

bacterias
6 Febreiro 2014

A función deste produto é a de illar a comunicación entre as bacterias, evitando así a infección bacteriolóxica.

lentes google
28 Xaneiro 2014

As lentes pasaron xa por unha serie de ensaios  para mellorar o prototipo

tecidos-pegamento
24 Xaneiro 2014

Actualmente os médicos  unen os tecidos mediante puntos. Pero non estamos tan lonxe de poder atopar dentro dun quirófano un ‘superglue’ que substitúa o fío e a agulla.

dedos engurrados
24 Xaneiro 2014

Cando levamos certo tempo en contacto coa auga, as xemas dos dedos das mans e dos pés engúrranse.

pastillas
23 Xaneiro 2014

Na sociedade actual cando nos atopamos cunha molestia que non é suficientemente grave como para acudir ó médico, habitualmente optamos pola opción de automedicarnos.

corazón-infarto
19 Novembro 2013

O infarto de miocardio, coñecido como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto, prodúcese por unha rega sanguínea insuficiente nunha parte do corazón con dano nos tecidos.

Radiografía dextrocardia
17 Novembro 2013

Por norma xeral, as persoas teñen o corazón na parte media do tórax, cunha pequena inclinación cara á esquerda. Sen embargo, isto non sempre é así. Unha pequena parte da poboación teno situado na metade dereita do tórax por causas xenéticas. Esta situación é coñecida como Dextrocardia.

dieta mediterránea
5 Novembro 2013

Hai estudos que demostran que a dieta mediterránea, que consiste en froitas, verduras, legumes, cereais, aceite de oliva, peixe, carne de aves (en menor cantidade), ovos e leite; non é só boa para reducir peso, senón que ademais tamén na prevención de distintas enfermidades do organismo e ata mentais.

DM saúde mental
28 Outubro 2013

Este día celébrase cada ano o 10 de outubro, para adicarllo ás persoas que sofren enfermidades mentais. Este ano, en particular, trata á saúde mental e aos adultos maiores.

golfiño-xel-1
23 Outubro 2013

Winter, unha femia de golfiño, con tan só tres meses quedou atrapada nunha nasa para cangrexos mentres nadaba coa súa nai. Un pescador veuna e chamou a un equipo de rescate que a levou ata Florida, ó acuario mariño de Clearwater.

conxuntivite
20 Outubro 2013

A conxuntivite  é a inflamacion da capa conxuntiva do ollo debido a bacterias, virus, alerxias ou corpos extranos no interior do ollo.

urticaria
20 Outubro 2013

As urticarias son lesións da pel que se caracterizan por ser de cor vermella, elevadas e xeralmente prurixinosas.

nanoparche2
10 Outubro 2013

O enxeñeiro biomédico Mark Kendall levou a cabo un sistema de vacinas que permite administralas sen a necesidade da clásica agulla hipodérmica.

Hemorraxia
7 Outubro 2013

Unha hemorraxia consiste na perda de sangue producida pola rotura dun ou varios vasos sanguíneos.

cistite
7 Outubro 2013

A cistite é a inflamación da parede da vexiga ou das vías urinarias.

psoriase
7 Septembro 2013

A psoriase é una enfermidade crónica da pel, caracterizada pola aparición de zonas de inflamación de cor vermella que se cubren dunha especie de escamas plateadas, brillantes, que surxen,  sobre todo nos cóvados, xeonllos, pelo e parte inferior das costas.

anorexia
7 Septembro 2013

A anorexia é unha enfermidade que consiste nun trastorno na conduta alimentaria que supón a perda de peso provocada polo propio enfermo.

síndrome Rett
30 Xuño 2013

A síndrome de Rett é unha enfermidade xenética conxénita do desenvolvemento neurolóxico que afecta unicamente ás mulleres, constituíndo a segunda causa máis frecuente do retraso mental nas mesmas, despois da síndrome de Down.

voz-mans
28 Xuño 2013

A razón é ben sinxela. O son pode chegar ata o noso oído interno por dous camiños distintos.

quimioterapia
19 Xuño 2013

Uns dos problemas principais das células tumorais é a súa propagación por metástase, pola que estas células trasládanse a un órgano distinto ó da súa orixe a través do sangue. 

hipocretina
19 Xuño 2013

As hormonas son substancias químicas segregadas polas glándulas endócrinas e que van directamente ó sangue. A súa función é regular os procesos físicos vitais.

anticanceríxeno
19 Xuño 2013

Hai algúns anos un equipo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en Cambridge, Estados Unidos, foi o primeiro en sintetizar quimicamente un composto moi complexo derivado de fungos que amosou unha grande actividade anticanceríxena.

síndromes
18 Xuño 2013

A palabra síndrome ven do grego συνδρομή (concorrencia tumultuosa de persoas ou de cousas). Tamén se chama así ó conxunto de síntomas dunha enfermidade.

O SÍNDROME  DE MEDEA

amor
18 Xuño 2013

O AMOR , LOUCURA DIVINA EN PLATÓN

epilepsia
18 Xuño 2013

A Epilepsia era unha enfermidade considerada sagrada para os antigos gregos. Eles pensaban que o enfermo, cando tiña un ataque, estaba sendo posuído por un deus. 

células nai
18 Xuño 2013

Tras o fraude de hai unha década dun falso éxito de clonación humana, hoxe por fin podemos aceptar esa idea, de case ciencia ficción, como real e auténtica.

Placenta
2 Xuño 2013

Antes de chegar a este achádego, o mellor indicador das posibilidades dun neno de padecer esta enfermidade era levar acabo un estudo da historia familiar chegando a multiplicarse por nove o risco de autismo en parellas que xa teñen un fillo con esta enfermidade. 

cebolas
29 Maio 2013

As cebolas son plantas herbáceas pertencentes a familia das amarilidáceas. Ao nacer, van  absorbendo xofre do solo que logo se dispersa na súa composición.

xemelgos
29 Maio 2013

Como ben din as nais, “non somos todos iguais”. E efectivamente, neste mundo todos somos distintos, incluso os xemelgos idénticos, que a pesar de ser fisicamente iguais as súas características psicolóxicas son moi diferentes.

aprendizaxe-man
29 Maio 2013

Hai pouco, Ruth Propper e seus compañeiros científicos da Universidade estatal de Mont Clair (EEUU), levaron a cabo un estudo que demostrou que se pechamos e apretamos a man dereita á hora de aprender algo novo isto axudaranos a gravalo con máis facilidade na nosa memoria

Cerebro ratos
5 Maio 2013

 Tras recentes estudos, descubriuse que, en roedores vellos, existe unha activación crónica do factor nuclear kB que pode acelerar ou frear a velocidade de envellecemento a modo de interruptor.

Biotina-1
2 Maio 2013

Científicos e especialistas médicos advirten sobre o consumo excesivo de pastillas con alta concentración de vitaminas,

mitocondra
2 Maio 2013

A comezos do verán do ano pasado a asociación AEPMI (Asociación de Emfermos de Patologías Mitocondriales) comezou a realizar unha recollida de teléfonos móbiles, tapas de botellas, latas, etc, baixo o lema "Doa o teu teléfono, regala esperanza".

cancro
2 Maio 2013

Un grupo de investigadores estadounidenses descubriron unha nova forma de división celular denominada klerocinesis, que no caso de fallar a división convencional, podería, en certo modo evitar que as células continúen multiplicándose dando lugar ao cancro.

algas1
10 Abril 2013

Nestes últimos anos, as algas comestibles demostraron á meirande parte da poboación occidental que, elas mesmas, posúen enorme serie de virtudes e nutrientes para todos nós.

dinoflaxelado
7 Abril 2013

Nos océanos existen máis de 5000 especies de algas (principalmente dinoflaxelados pero tamén diatomeas).

Scanner esclérose múltiple
31 Marzo 2013

Tras anos de investigación e estudos, a molécula para o tratamento da esclerose múltiple chegou a fase clínica. A esclerose múltiple é unha enfermidade que consiste na aparición de lesións crónicas e dexenerativas no sistema nervioso central.

bebé
24 Marzo 2013
Un interesante video para coñecer o corpo humano e a evolución da vida, desde o ventre materno ata a vellez.
Edipo
23 Marzo 2013

COMPLEXO DE EDIPO

A moderna psicoloxía baséase ás veces nalgúns mitos gregos para ilustrar trastornos mentais patolóxicos.

lendo
11 Marzo 2013

Conscientes destes conceptos erróneos, que supoñen unha seria ameaza a nivel público, dous pediatras e investigadores da Universidade de Indiana, Aaron Carroll e Rachel C.

Día Mundial FGM
10 Marzo 2013

O 6 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial contra a Mutilación Xenital Feminina, un problema que afecta a unha 140.000 millons de mulleres en todo o mundo con dous millóns de casos novos cada ano.

roiba
7 Marzo 2013

Ata o momento considerábase que a coloración vermella do pelo ou das plumas era demasiado “custosa” para os vertebrados dende un punto de vista biolóxico.

hipnose
7 Marzo 2013

A hipnose é un estado de tipo psicolóxico e fisiolóxico inducido por un hipnotizador. É un tipo de estado, distinto da vixilia normal, no que os seres humanos vivos aceptan suxestións reais que o hipnotizador suxire.

leucemia
6 Febreiro 2013
Unha presentación na que nos podemos informar sobre esta terrible enfermidade.
Alzheimer1
4 Febreiro 2013

Un  grupo de científicos do Centro de Investigación Biomédica EuroEspes, na Coruña, baixo  a dirección  do “noso veciño” o Dr Ramón Cacabelos (nomeado fillo adoptivo de Cambados hai anos),  crearon a primeira vacina preventiva e terapéutica eficaz contra o Alzheimer, a cal xa obtivo a patente para a súa fabricación en EEUU.

mascariña
1 Febreiro 2013

Un estudio realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) que evalúa a calidade do aire e a presenza de contaminantes que afectan á saúde das persoas, revela que o aire europeo está repleto dunha gran cantidade de partículas nocivas para o ser humano.

super
1 Febreiro 2013

A metade da comida que se produce no mundo acaba no lixo ou apodrecendo no campo.

medicamentos antigos
12 Xaneiro 2013
Unha presentación que atopamos na Internet onde podemos ver curiosos remedios que se usaban hai anos e que hoxe nos resultarían tóxocos ou extranos.
nenos Mozambique
12 Xaneiro 2013
Necesitas un pouco de ledicia? Os nenos e nenas de Praia Xai-Xai en Mozambique queren facerche chegar os seus donativos de felicidade a través da Fundación Khanimambo para que os mires sempre que precises sorrir.
varices
12 Xaneiro 2013
Un traballo sobre os problemas do aparato circulatorio centrado nos aneurismas e nas varices.
alcohol
12 Xaneiro 2013

O alcohol é unha substancia química, cuxo nome científico é etanol ou alcohol etílico, que esta presente en todas as bebidas alcohólicas. Sempre existe un nivel de etanol en sangue, que procede da fermentación das bacterias da nosa flora intestinal.

bacteria
10 Xaneiro 2013


Sabemos que as bacterias son eses organismos unicelulares tan pequenos que nos resultan invisibles, que están por todas partes;
pero sabemos todos da súa importante presenza no corpo humano?

B12
30 Decembro 2012

A vitamina comunmente coñecida como vitamina B12, ten unhas propiedades que a diferencian das demáis vitaminas en canto entra en contacto co noso organismo. Esta vitamina ten unha gran importancia, xa que limpia o dióxido de carbono entre outras funcións.

sono
15 Decembro 2012

Entre os máis xoves de hoxe en día, a tendencia á vespertinidade é algo moi común: levántanse e déitanse cada vez máis tarde.

bebidas gasosas
15 Decembro 2012

Nun  estudio  publicado en Dailymail.co.uk que traduce Ecologiablog, asegúrase que as bebidas gasosas poden envellecernos  antes do previsto.

sono
6 Xuño 2012

O pasado 18 de marzo celebrouse o día do sono. Todo ser humano precisa durmir un mínimo de 6 ou 8 horas cada día. 

dentista
5 Xuño 2012

As bebidas enerxéticas, deportivas ou hipertónicas son bebidas sen alcohol, que teñen virtudes estimulantes, rexeneradoras da fatiga e do esgotamento, dirixidas, principalmente a deportistas.

corta-pegar
5 Abril 2012

Tras a caída dun alpinista inglés mentres practicaba este deporte, unha das súas pernas quedou fracturada en cinco partes. Cando a amputación parecía xa a única opción, un ciruxán ortopédico propuxo aplicar un remedio sen precedentes: un pegamento natural obtido a partir da mestura de células nai da médula ósea e coláxeno.

implantes
5 Abril 2012

Peringvar Branemark, un sueco con sorte diríamos. Este sueco que seguro que non vos soará, foi quen hai medio século descubriu que utilizando titanio nos implantes fusionábanse co oso. Á parte de descubrir isto, desenvolveu a mesma técnica para implantar o titanio.

alerxias
5 Abril 2012

Estimase que as enfermidades alérxicas duplicáronse nos últimos 15 anos e xa afectan a entre o 15-20% da poboación española.

bolboreta monarca
5 Abril 2012

Data do 2001 o descubrimento, no río Támesis, dun corpo dun neno africano duns 6 anos, sen cabeza, pernas nin brazos.

biberóns
2 Marzo 2012

O bisfenol (BPA) é un composto orgánico co que se fabrican moitos dos produtos domésticos que empregamos a cotío, entre os que se atopan os biberóns  de plástico.

chocolate
3 Febreiro 2012

Nos últimos anos, a comunidade científica mundial estivo totalmente pendente, ademais de outros estudios, de buscar vantaxes e prevención de enfermidades a partir de alimentos comúns.

futbolista
3 Febreiro 2012

Un grupo de investigadores estadounidenses realizou un estudio con varios futbolistas amateurs no cal se obtiveron resultados perxudicias para aquelas persoas que practican este deporte.

escoliose
3 Febreiro 2012

A posición correcta e natural da columna vertebral é recta, pero non sempre é así debido a algunhas enfermidades como a Lordose, a Cifose ou a Escoliose; todas son tratables e operables.

coral
4 Xaneiro 2012

Un grupo de investigadores británicos descubriron como os corais producen compostos naturais de protección contra os fortes raios ultravioleta do sol das zonas tropicais.

patacas
4 Xaneiro 2012

I

nvestigacións realizadas na Universidade de California en Estados Unidos descubriron que as patacas, así como outros alimentos ricos en graxa, provocan a produción por parte do intestino dunhas substancias químicas naturais chamadas endocanabinoides.

Dogas
1 Novembro 2011

No campo das ciencias da saúde, un dos seus grandes obxectivos é o estudo profundo de determinadas drogas e os efectos destas no corpo humano.

alimentos
4 Outubro 2011

Defínese como “química dos alimentos” ó estudio que se fai sobre os cambios e interaccións que aparecen cando se manipulan alimentos para cociñar.

peso
3 Outubro 2011

Estudios feitos recentemente confirman que un 87% da poboación non está conforme co seu corpo e desexaría perder uns cantos quilos, pese a que soamente un 37% destas persoas teñen realmente sobrepeso.

durmindo
4 Xullo 2011

A cantidade e a calidade do sono inflúen no rendemento académico dos adolescentes. Así, aqueles xóvenes que durmen entre 6 e 9 horas obteñen mellores cualificacións en comparación cos que durmen menos de 6 horas.

microondas1
4 Xullo 2011

A gran  maioría de nos (por non dicir todos) temos un aparato no que quentamos, ou nos quentan, o leite ás mañans, quentamos as pizzas ou usámolo para fins moi parecidos.

deporte
4 Xullo 2011

Moitos procesos orgánicos están controlados por reaccións químicas, e a alimentación achega os elementos que interveñen nesas reaccións.

dopaxe
4 Xullo 2011

A química está presente en todas as actividades da nosa vida e, por suposto, en todos os procesos do noso organismo.

Cintas aliviantes
6 Xuño 2011

A vendaxe neuromuscular ou Kinesiotape naceu nos anos 70 en Asia, sobre todo no Xapón e Corea. Actualmente é una ferramenta moi estendida en fisioterapia e rehabilitación, destacando a súa utilización no ámbito da medicina deportiva.

video
6 Xuño 2011

Achegamos un interesante video (Premio Médico de Animación) para que vexades de preto algúns dos sistemas de reparación do esqueleto humano.

boca
4 Maio 2011

É frecuente atopar a alguén cun alento que nos resulta desagradable. Iste fenómeno é a halitose. Sen embargo sempre o relacionamos cos demais e pensamos que a nós non nos sucede.

Día m da saúde
4 Maio 2011

O sete de abril celebrouse o Día Mundial Da Saúde. Ese día, en todos os rincóns do planeta, centos de eventos conmmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.

medicamentos
4 Maio 2011

A química é unha ciencia moi extendida e con aplicación en diferentes ámbitos. Un deles e o que engloba todo o que ten que ver coa saúde, no cal a química ten unha enorme importancia.

médico
9 Marzo 2011

Durante o ano pasado tivemos todo tipo de noticias sobre avances económicos, sociais, deportivos e científicos, que é o caso que hoxe se nos presenta. O caso mais destacado pode ser a culminación da investigación con células nai, chegando, en outubro do pasado ano, a implantarse en pacientes, pero tamén tivemos outros avances como o control  da hipertensión ou comprender mellor a enfermidade do Alzheimer. Destaquémolos un por un.

amor
10 Febreiro 2011

A reacción comeza no cerebro, que comeza a producir un composto denominado feniletilamina que provoca o aumento da enerxía física e a lucidez mental.

Distribuir contido