Medio Ambiente

Espazos naturais
9 Maio 2013

Unha páxina Web que ofrece unha visión global dos espazos protexidos do mundo.

Verquidos petróleo Rusia 2
5 Maio 2013

Segundo Greenpeace Rusia verte ó ano un mínimo de 5 millóns de toneladas de petróleo.

gorila
5 Maio 2013

Unha pequena mostra das especies de animais en perigo de extinción, aínda que hai moitas máis.

cangrexo río
4 Maio 2013

O cangrexo de río americano ou tamén coñecido como cangrexo vermello, está arrasando os ríos de Galicia de Leste a Oeste.

O seu caparazón é de cor vermella, por iso o chaman así, e ten oito patas e dous garfos.

Deputados europarlamento contaminación rías
10 Abril 2013

Un dos factores máis destacables é o verquido de augas residuais no mar.

Porto deportivo Sanxenxo
8 Abril 2013

Nas zonas costeiras é moi común atoparnos con multitude de construcións como espigóns e portos deportivos, pero, que son e para que se serven?

Os espigóns son estruturas saíntes que se empregan para protexer bancos de area, praias ou controlar o curso da auga.

ALETAS TIBURÓN
8 Abril 2013

A mesma aleta que anuncia a súa temida presenza no océano tamén é a principal causa da súa morte.

entrevista CEMMA
7 Abril 2013

Jose Martínez Cedeira, biólogo de formación, é presidente da CEMMA desde o mes de febreiro de 2012 e, cando asumiu esta responsabilidade, xa tiña gran experiencia na ONG, pois é socio dela desde hai máis de 15 anos.

pH océanos
7 Abril 2013

O cambio climático é algo que está á orde do día. O aumento da temperatura terrestre debido a unha elevada cantidade de CO2 cara á atmosfera provoca consecuencias que xa se coñecen na actualidade e moitas outras aínda por investigar.

SOS golfiño
7 Abril 2013

O luns 18 de marzo, a iso das 10 da mañá, chegou un aviso aos vixilantes (Espazo natural Ons-O Grove)  do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, sobre o varamento na Revolta (praia do Bao), dun golfiño durante a baixamar.

océanos saúde1
7 Abril 2013

A pesar de que se falaba do concepto de “saúde oceánica”, os científicos non tiñan forma de medir a saúde dos océanos ata hai pouco.

Seba
7 Abril 2013

Nos libros de natureza pode lerse  que no esteiro ideal, as áreas máis profundas da marisma, aquelas que só quedan ao descuberto nas baixamares máis intensas son o hábitat característico da seba de folla ancha (Zostera mariña), planta que forma comunidades case monoespecíficas  desta especie e que se coñecen como praderías de seba  ou praderías de fanerógamas mariñas.

Fervenza de O Ézaro
31 Marzo 2013

A desembocadura do río Xallas na localidade de Ézaro, no concello de Dumbría, moi preto de Fisterra, ten unha característica case única en Europa: rematar no mar en forma dunha fervenza que salva un desnivel de varias decenas de metros.

neumáticos-carbón
22 Marzo 2013

Como xa sabemos, o presente ano 2013 é o ano internacional da auga, e pode ser unha boa ocasión para centrarnos nela.

entrevista P Linares
7 Marzo 2013

Entre o 25 e 26 de xuño do ano pasado os alumnos de primeiro de bacharelato, agora en segundo, acudimos á 5ª edición do Atlantic Workshop en A Toxa.

Cerdedelo
4 Febreiro 2013
Unha pequena mostra das obras do AVE en Cerdedelo. Para reflexionar.
perclorato
2 Febreiro 2013

Presente no combustible sólido de foguetes, en certas bengalas de sinalización e nos fogos artificiales, o perclorato é un contaminante perigoso que pode danar o funcionamento da tiroides interferindo coa captación de iodo.

metano
2 Febreiro 2013

Despois do CO2, o metano é o segundo gas máis importante produtor do efecto invernadoiro.

mascariña
1 Febreiro 2013

Un estudio realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) que evalúa a calidade do aire e a presenza de contaminantes que afectan á saúde das persoas, revela que o aire europeo está repleto dunha gran cantidade de partículas nocivas para o ser humano.

super
1 Febreiro 2013

A metade da comida que se produce no mundo acaba no lixo ou apodrecendo no campo.

estanque-Asorey
28 Xaneiro 2013

No ano 1998, hai aproximadamente 15 anos, decidimos construír un estanque no instituto, aproveitando un patio que non tiña ningún uso e que estaba cheo de silveiras.

Xavier Lavandeira
28 Xaneiro 2013

Xavier Labandeira é un economista e investigador vigués. Na actualidade é catedrático no Departamento de Economía da Universidade de Vigo e pertence, ademais, a Rede, un grupo de investigación no ámbito da enerxía e medioambiente.

lámpadas
13 Xaneiro 2013

Desde o 1 de setembro de 2012 deixou de fabricarse na Unión Europea a lámpada incandescente tradicional, un dos inventos máis útiles de todos os tempos que leva 132 anos dando luz en todos os fogares.

lugares contaminados
12 Xaneiro 2013
Un repaso aos que se consideraron no ano 2012 os dez lugares máis contaminados do Planeta.
residuais
12 Xaneiro 2013

A tecnoloxía desenvolvida por Applied Cleantech permitirá converter os desfeitos sólidos dos sistemas municipais de augas residuais en materias primas para a industria do plástico en todo o mundo.

Prestige-Cambados
15 Decembro 2012

Imaxes tomadas no porto de Cambados o 4 de decembro de 2002, ao día seguinte da chegada da marea negra do Prestige á ría de Arousa.

mascato Prestige
15 Decembro 2012

O trece de novembro, hai dez anos, aparecían nos xornais as primeiras informacións do accidente dun petroleiro, cargado con 77.000 toneladas de fuel, fronte ás costas de Fisterra o que orixina un verquido que comeza a chegar á costa o día 16.

Cason
14 Decembro 2012

O Cason era un cargueiro de bandeira panameña botado no 1969, que o 5 de decembro de 1987 sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio.

INCENDIO
12 Decembro 2012

Esta presentación está elaborada a partir da charla que nos deu no Instituto o Enxeñeiro Técnico Forestal Juan José Rodríguez Blanco.

plantas invasoras
CES
12 Decembro 2012

Ao finalizar o pasado curso o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) realizou unha das súas habituais actividades “abertas” tentando, unha vez máis, a implicación da sociedade da nosa comarca na defensa e protección do medio ambiente.

biocarbón
10 Decembro 2012

Estase a realizar un estudo, coñecido como Proxecto Biocar que evalúa a capacidade do biocarbón, que se obtén da descomposición de residuos orgánicos, como sumidoiro de dióxido de carbono e o seu efecto como aditivo agrícola.

bascuas
6 Septembro 2012

Aproveitando unha saída á praia de Bascuas para estudiar as rochas fixemos un estudio sobre os seres que viven nas distintas zonas.

Neguishi
6 Septembro 2012

O químico xaponés Ei-Ichi Negishi visitou Santiago de Compostela convidado polo programa ConCiencia. Este, ofreceu unha roda de prensa e rematou a súa visita coa conferencia “Catálise para un mundo próspero e sostible”.

charla incendios
4 Maio 2012

Aproveitando a celebración do Día da Terra no noso instituto organizouse unha charla sobre os incendios forestais.

océanos
3 Maio 2012

Unha gran parte do dióxido de carbono que emitimos os seres humanos disólvese na auga dos mares e dos océanos.

planto
2 Maio 2012

As novas condicións ambientais das Rías, como xa comentamos no anterior artigo (As Rías Baixas: unha fábrica de vida I), están a producir unha alteración da normal sucesión do fitoplancto mariño (formado por diatomeas e dinoflaxelados), que é o principal alimento dos moluscos filtradores; entre eles as especies comerciais como o mexillón ou a ameixa.

marea vermella
4 Xaneiro 2012

Todos os anos en outono e nos comezos do inverno aparecen as mareas vermellas nas nosas rías que obrigan a pechar algúns polígonos de bateas e a extremar as precaucións coa depuración dos moluscos. Pero, que son as mareas vermellas?

cambio climático
6 Decembro 2011

En decembro, coincidindo coa celebración do Cumio do Clima en Durban (África do Sur) o movemento ecoloxista mundial convocou un día de acción global con numerosos actos en moitos países para chamar a atención dos gobernos sobre a importancia de chegar a un compromiso sobre o clima.

día bosques
2 Decembro 2011

O 2011 foi o ano internacional dos bosques, uns ecosistemas imprescindibles para a vida.

capa ozono
2 Decembro 2011

Datos recollidos este ano revelan unha diminución histórica da capa de ozono sobre o Ártico, acadando ata un 80% de redución na espesor deste gas.

afloramentos
2 Decembro 2011

Seguramente todos nós escoitamos algunha vez comentarios sobre a molestia do vento, ou o fría que está a auga nas nosas praias.

lume
2 Novembro 2011

No que vai de ano arderon en Galicia máis de10.000 hade superficie forestal e producíronse 4.815 incendios e no pasado mes de outubro déronse as peores condicións que favorecen o lume: máis de 30ºCde temperatura, ventos de máis de 30 km/h e un baixo nivel de humidade ambiental.

capa ozono
4 Outubro 2011

O 16 de setembro celebrouse o Día Internaciónal da Protección da Capa de Ozono. Esta data conmemórase desde 1985, en que se adoptou o Convenio de Viena coa intención de concienciar á xente da importancia que esta ten para a Terra e de tomar medidas para protexela.

Delta Nilo
5 Septembro 2011

Hai uns anos o Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático das Nacións Unidas declarou o Delta do Nilo entre as tres primeiras zonas do planeta máis vulnerables fronte a unha elevación do nivel do mar (consecuencia do cambio climático) o que provocaría o desprazemento de de millóns de persoas dunha das zonas máis densamente poboadas da Terra.

deforestación1
4 Maio 2011

A deforestación é a destrucción masiva dos bosques pola acción humana.

Ano Internacional dos Bosques
6 Abril 2011

O 2011 é o ano internacional dos bosques, uns ecosistemas imprescindibles para a vida.

visón americano
10 Marzo 2011

Hai uns anos, soamente se atopaba en España en granxas onde os mantiñan encerrados,  pois a súa pel está moi cotizada para confeccionar abrigos.

Sotavento-1-11-2
10 Febreiro 2011

Unha das cousas que máis me gustou da visita ao Parque Eólico de Sotavento foi a casa bioclimática na que se pode ver a maneira de construír unha casa sacando o maior partido posible das condicións do ambiente onde está instalada e a aplicación de todas as formas de enerxía renovables.

Begonte-v
4 Febreiro 2011

O pasado domingo, 6 de febreiro produciuse un vertido de máis de11.000 litrosde gasóleo ao romper unha válvula nunha das tuberías da planta de Biocarburantes de Galicia que transforma aceites domésticos usados en biodiésel.

día m humidais
3 Febreiro 2011

O 2 de febreiro está adicado aos Humidais, en recordo da sinatura en 1971 da Convención Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán).

biocombustibles
4 Xaneiro 2011

A produción de biocombustibles a partir de materia vexetal presentouse desde un principio como unha alternativa necesaria e complementaria aos combustibles fósiles, a fin de reducir a emisión de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro a atmosfera.

coral
3 Xaneiro 2011

É un gran Parque Natural de 344.800 km2 situado entre Australia e Papúa-Nova Guinea. A maior parte esténdese ata case 2.000 km ao longo das costas de Queensland e ten máis de 2.100 arrecifes e caios de coral e 540 illas continentais.

Ramón Galiñanes
9 Decembro 2010

Estivemos na casa de Ramón Galiñanes; un vello mariñeiro, de 97 anos, que vive no barrio de San Tomé en Cambados.

Distribuir contido