Eventos

Conrad Gesner hipopótamo
28 Marzo 2016

O 26 de marzo cumplíronse 500 anos do nacemento de Conrad Gesner, considerado o fundador da zooloxía moderna.

Dia mundial da síndrome de Down
26 Marzo 2016

O pasado 21 de marzo foi o Día da síndrome de Down.

VIII Gala da Imaxe Submarina de Galicia
7 Xaneiro 2016

O pasado novembro celebrouse no noso centro a VIII Gala da Imaxe Submarina de Galicia, na que se fixo entrega dos premios das distintintas modalidade de fotografía e video submariño dos campeonatos galegos do pasado ano.

25 anos IES Asorey
7 Xaneiro 2016
Desde o 1 de decembro está exposta no noso centro a mostra que recolle a historia dos 25 anos de actividades. Animámosvos a que a visitedes en calquera momento do horario do centro (mañán e tarde).
2016 ano dos legumes
7 Xaneiro 2016

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, xunto coa FAO ven de declarar o 2016 como ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES. Esta declaración fai referencia aos cultivos de leguminosas colleitados para gran seco destinadas a alimentación humana ou de animais.

Manuel María
7 Xaneiro 2016

O ano 2015 dedicáselle o Día das Letras Galegas ao poeta chairego Manuel María.

Gala fot submariña 2015
26 Novembro 2015

Dentro dos actos que o noso centro está a celebrar con motivo do seu 25 aniversario sentímonos moi orgullosos de ser o lugar escollido para este importante evento.

IES Asorey 25 anos
26 Novembro 2015

Este curso o Instituto Francisco Asorey cumple 25 anos de andadura educativa.

2015 ano internacional da luz
6 Novembro 2015

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías basadas na Luz.

2015 ano internacional dos solos
6 Novembro 2015

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional dos Solos, co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas.

semana da ciencia 2015
6 Novembro 2015

Como en anos anteriores o IES Francisco Asorey súmase á celebración mundial deste evento organizando diferentes actividades:

IES Asorey-CERN
11 Marzo 2015

Un grupo de alumnas e alumnos de bacharelato do noso centro fixeron unha viaxe a Suíza e Francia na que visitaron varias cidades e lugares de interese.

DM enfermidades raras
28 Xaneiro 2015

O 28 de febreiro celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras co obxectivo de crear conciencia sobre este problema facéndo que esas enfermidades sexan coñecidas e máis visibles.

DM Xustiza Social
28 Xaneiro 2015

O 20 de febreiro conmemorouse en todo o mundo, baixo os auspicios da ONU, o Día mundial da xustiza social.

Edison
28 Xaneiro 2015

O 11 de febreiro de 1847 naceu Thomas Alva Edison, en Milan (Ohio, EE.UU.).

Hertz
28 Xaneiro 2015

Heinrich Rudolf Hertz naceu o 22 de febreiro de 1875 en Hamburgo.

DM contra a mut xenital fem
28 Xaneiro 2015

A escisión ou circuncisión feminina é tamén coñecida como mutilación xenital feminina (MXF), é a ablación ou eliminación de tecido de calquera parte dos xenitais femininos, particularmente o Clítoris, con motivo de eliminar o pracer sexual nas mulleres por razóns culturais, relixiosas ou calquera outra non médica.

Día da marmota
28 Xaneiro 2015

O día da Marmota é un método tradicional usado polos granxeiros, especialmente en Estados Unidos e en Canadá, para predecir a fin do inverno, baseado no comportamento deste animal cando sae de hibernar o 2 de febreiro.

DI cancro infantil
28 Xaneiro 2015

O 15 de febreIro de cada ano conmemórase en todo o mundo o Día Internacional do cancro infantil.

Charles Darwin
28 Xaneiro 2015

O 12 de febreiro celébrase o nacemento de Charles Darwin, (12 de febreiro de 1809 – 19 de abril de 1882).

DM Asperger
28 Xaneiro 2015

No ano 2007, declarouse o día 18 de febreiro como o “Día Internacional do Síndrome de Asperger” en recordo do nacemento de Hans Asperger.

O síndrome de Asperger ou trastorno de Asperger é un conxunto de problemas mentais e conductuais que forma parte da variedade de trastornos autistas.

maremoto Indonesia
11 Xaneiro 2015

Na comunidade científica coñécese como o maremoto de Sumatra-Andamán. O maremoto ocasionou unha serie de tsunamis devastadores ó longo das costas da maioría dos países que abeiran o océano Índico, matando a moitas personas ao seu paso e anegando unha gran cantidade de comunidades costeiras ao longo de case todo o sur e sudoeste de Asia.

Vesalio
9 Xaneiro 2015

Hai 500 anos, o 31 de decembro de 1514 nacía en Bruxelas André Vesalio (Andreas Vesalius ou Andries van Wesel) recoñecido como fundador da anatomia moderna.

DM escravitude
7 Xaneiro 2015

O día 2 de decembro de 1949 foi celebrado pola Unesco o convenio para a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea.

DM dereitos animais
7 Xaneiro 2015

Dende 1997 conmemórase o 10 de decembro como o día mundial dos dereitos dos animais, co principal obxectivo de informar á sociedade sobre as circunstancias nas que viven os animais nas principais áreas onde os explotan e exterminan.

DM montañas
7 Xaneiro 2015

O Día Internacional Das Montañas é unha oportunidade para crear conciencia sobre a importancia das montañas para a vida, destacar as oportunidades e limitacións no desenvolvemento das montañas e crear alianzas que xeren cambios positivos nas montañas e as terras altas do mundo.

6 Decembro 2014

O 5 de novembro os alumnos de 2º ESO B e C cumpriron con que xa ven sendo unha cita ineludible do IES Asorey, a visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento no concello de Xermade, provincia de Lugo. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respetuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.

charla Viaqua
3 Decembro 2014

O pasado luns tivemos unha charla impartida por Manuel Domínguez (Ventos-Estudos Ambientais) e organizada pola emprexa de xestión da auga Viaqua.

agricultura familiar
3 Decembro 2014

Entre os días 10 e 14 de novembro no IES Francisco Asorey tivo lugar a celebración que conmemora a semana da ciencia do ano 2014, ano adicado á AGRICULTURA FAMILIAR.

saquiños anticouza
3 Decembro 2014

Achegamos uns videos que recollen a segunda parte dos obradoiros desenvolvidos pola empresa medioambiental “VENTOS”, unha serie de traballos prácticos:

Agricultura-expo Asorey
3 Decembro 2014

A mostra, “A agricultura”, estivo exposta desde o luns 10 ata o venres 21 de novembro.

Hedy Lamarr
9 Novembro 2014

arte e a tecnoloxía son dúas facetas da creatividade que se atopan moi relacionadas, a pesar das diferenzas que en aparencia teñen entre si.

Agricultura
8 Novembro 2014

Dentro da celebración da semana das Ciencias o noso departamento elaborou unha exposición para dar a coñecer a importancia que ten a agricultura, como base do nosos sutento e dos animais, como fonte de materias primas e medicinas e como actividade económica.

semana ciencia-2014
8 Novembro 2014

Como en anos anteriores o noso centro súmase a este evento realizando unha serie de actividades conmemorativas na SEMANA DA CIENCIA que se celebrará entre os días 10 e 14 de novembro organizadas polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.

semana espazo
1 Novembro 2014

A Semana Mundial do Espazo, comprendida entre os días 4 e 10 de outubro, celebra a escala internacional as contribucións da ciencia e da tecnoloxía espacial á mellora da condición humana.

saúde mental
28 Outubro 2014

OMS define a saúde como <<Un estado de completo benestar físico, mental e social, e non so de ausencia de afeccións ou de enfermidades>>

exposición cultura mar
7 Outubro 2014

Durante este mes de outubro (do día 1 ao 22 ) no noso centro teremos unha exposición sobre o patrimonio marítimo de Galicia (CEIDA).

CERN
6 Outubro 2014

A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), celebrou o pasado luns 29 de setembro os 60 anos dende a súa fundación. A este aniversario acudiron delegacións oficiais de 35 países, entre elas a española.

Electrónica Asorey-2014
4 Outubro 2014

Os días  9 e 10 de setembro no IES Francisco Asorey, con motivo dunha xornadas sobre de electricidade e electrónica, os profesores deste e de outros centros da Galiza, ocuparon os pupitres, colleron os bolígrafos e os cadernos, para tomar un pouco da súa medicina:

premios Buxaina-14
20 Xuño 2014

Editamos 10 números desde setembro. Contamos coa colaboración de 250 autores que eleboraron 406 traballos (artigos, videos e presentacións).

DM Medioa Ambiente
1 Xuño 2014

Desde 1973, cada ano  celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola Asamblea Xeral das Nacions Unidas coa  finalidade de sensibilizar á poboación do noso planeta sobre a importancia do medio ambiente.

Tambora
3 Maio 2014

O Tambora é un volcán activo cunha altura de 2.850 msnm, situado nas illas Sumbawa (Indonesia).

escravitude infantil
3 Maio 2014

A escravitude infantil é a utilización, para fins económicos ou outros, de menores de idade, e afecta ao desenvolvemento persoal e emocional dos menores.

DM Actividade Física
3 Maio 2014

Segundo Caspersen (1985) a actividade física é “calquera movemento corporal, producido polos músculos esqueléticos, do que resulta un gasto enerxético maior que nos niveis de repouso”. Podemos dicir que é calquera esforzo muscular predeterminado destinado a facer unha tarefa.

día do libro 2014
23 Abril 2014

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, un día para recordarmos que os libros seguen a ser unha boa compaña, unha fonte de lecer e de recursos para moitas persoas. Desde a Buxaina queremos facer unha contribución a este día con este traballo.

galiñola negra
21 Abril 2014

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) elixiu a focha común ('Fulica atra') como ave do ano 2014 en Galicia.

DM auga 2014
5 Abril 2014

O 22 de marzo de cada ano celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é “Auga e enerxía”.

DM meteoroloxía
5 Abril 2014

Cada 23 de marzo celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía por ser a data na que se creou a Organización Mundial da Meteoroloxía.

DM discriminación racial
5 Abril 2014

O 21 de marzo é un día especial para loitar contra o racismo do mundo.

Museo Geominero Madrid
3 Abril 2014

Na visita que fixeron os alumnos de 1ª de Bacharelato A a Madrid o xoves 16 de Marzo, un dos lugares que visitaron foi o Museo Xeomineiro.

Este museo inaugurouse o 24 de Maio de 1926, fai este ano 88 anos. A súa función é a conservación, investigación,  difusión e divulgación da riqueza do patrimonio mineralóxico, xeolóxico e paleontolóxico do noso país.

Logo CAB
3 Abril 2014

Os alumnos de 1º BAC A do IES Asorey realizamos unha viaxe de estudos a Madrid organizada polos departamentos de Física e Química e de Bioloxía e Xeoloxía entre os días 10 a 14 do pasado mes de marzo. Durante a nosa estancia visitamos varios centros de investigación e divulgación científica e outros de interese cultural, como o Museo del Prado.

oceantica-14
16 Marzo 2014

Este congreso internacional ten como obxectivo sensibilizar sobre dous dos grandes retos ambientais contemporáneos: a sustentabilidade nos sistemas oceánicos e costeiros e o cambio global.

Granadilla aérea
7 Febreiro 2014

Durante o pasado mes de decembro un grupo de alumnos e alumnas do IES Asorey viaxaron ata o pobo de Granadilla, no norte de Cáceres, case no límite coa provincia de Salamanca.

expometeoro-asorey
4 Febreiro 2014

Desde o 28 de xaneiro ao 7 de febreiro tivemos no noso centro a exposición EXPOMETEORO, realizada po METEOGALICIA.

Domus
4 Febreiro 2014

O luns 27 de xaneiro os/as alumnos/as do IES Francisco Asorey fixemos unha saída á Coruña e alí visitamos distintos museos científicos. Nós imos contarvoas a visita á Domus ou "Casa do Home", un museo que se centra no ser humano e o mundo da física e a química.

Casa das Ciencias
4 Febreiro 2014

O luns pola tarde, despois de xantar, visitamos  a Casa das Ciencias.

acuario-A Coruña
4 Febreiro 2014

O día 27 de xaneiro os/as alumnos/as do I.E.S. Francisco Asorey fixemos unha saída didáctica á Coruña, ao Acuario ou “Casa dos Peixes”.

DM montañas
3 Xaneiro 2014

O 11 de decembro foi o Día Internacional das Montañas, un día adicado a crear conciencia sobre a importancia das montañas e os seus ecosistemas como unidades indispensables para a nosa subsitencia e desenvolvemento.

árbore nadal
3 Xaneiro 2014

O último día de clase antes das vacación no noso centro fixeron un concurso de árbores de Nadal.

Pablo Dopazo-IES Asorey1
2 Xaneiro 2014

O mércores 18 de decembro, Pablo Dopazo Gondar, un ex alumno do noso centro e actualmente profesor de música, deunos unha charla moi práctica sobre os distintos tipos de instrumentos de vento-metal.

D M non violencia mulleres
10 Decembro 2013

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminiación da Violencia contra a Muller desde 1999.

Sem Ciencia-v
4 Decembro 2013

Dentro das actividades que se fixeron este ano para a semana da ciencia, a un grupo de 2º de ESO tocounos montar unha exposición que resumise a importancia da auga dóce, en especial os ríos, como fonte de vida e traballo.

bosque-Xesta
3 Decembro 2013

O día dos Bosques  celébrase dende hai máis de 10 anos e persegue concienciar á opinión pública sobre todo aquilo relacionado cos bosques autóctonos da Península Ibérica, tales como propagación de especies, problemáticas, importancia das especies autóctonas, educación ambiental… 

DM Infancia
3 Decembro 2013

O día internacional da infancia é un día consagrado na fraternidade e a comprensión entre os rapaces do mundo e destinado a actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos meniños.

sem ciencia 2013
19 Novembro 2013

Durante a semana do 11 ao 16 o IES Francisco Asorey celebrou, como cada ano, a “SEMANA DA CIENCIA”, adicada ao tema deste ano, a auga.

DM alimentación-1
4 Novembro 2013

O 16 de Outubro de cada ano, celébrase o Día Mundial da Alimentación. A súa finalidade é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.

DI muller rural
4 Novembro 2013

O día internacional das Mulleres Rurais celébrase cada 15 de outubro dende o ano 2008, que foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 18 de decembro de 2007, na súa resolución 62/136  onde se recoñece a función e contribución da muller rural, na que se inclúe a muller indíxena, a mellora da seguridade alimenticia e a erradicación da pobreza rural.

D M prevención desastres
2 Novembro 2013

O día internacional para a redución dos desastres naturais celébrase cada ano o segundo mércores do mes de  outubro.

DM saúde mental
28 Outubro 2013

Este día celébrase cada ano o 10 de outubro, para adicarllo ás persoas que sofren enfermidades mentais. Este ano, en particular, trata á saúde mental e aos adultos maiores.

sem espazo
24 Outubro 2013

A Semana do Espazo é un evento mundial que se celebra entre o 4 e o 10 de outubro. Nesta celebración preténdese educar sobre temas relacionados co espazo e fomentar a súa investigación a través de actividades, conferencias, reunións...

oceántica
11 Outubro 2013

Con motivo da primeira convocatoria ó concurso Oceántica 2013, desde o IES Francisco Asorey presentamos diversos traballos con temática mariña dos cales varios saíron premiados.

Adega premio
11 Outubro 2013

ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra.

día marítimo
9 Outubro 2013

Desde 1980 a Organización Marítima Internacional (OMI) celebra cada ano, a última semana de setembro, o Día Marítimo Mundial, chamado tamén Día Mundial dos Mares.

oceántica concurso
30 Xuño 2013
Como xa informábamos na anterior edición de "A Buxaina" sobre o Congreso Internacional Virtual de Estudantes do proxecto OCEÁNTICA, presentáronse numerosos traballos elaborados por alumnos do IES Francisco Asorey, que se someteron a unha dobre valoración, por parte do voto popular a través de facebook e por un xurado da organización.
DM Doante sangue
28 Xuño 2013

Cada catorce de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Doante de Sangue.

DM Desertificación
28 Xuño 2013

En 1994 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño Día Mundial de loita contra a Desertificación e a Seca para chamar a atención de todos os países sobre este grave problema.

Costa Vela-6-13-1
18 Xuño 2013

O pasado luns 10 de Xuño visitamos a Costa da Vela, un lugar de Interese Comunitario (LIC). Aquí presentamos dúas versións da viaxe

Logo congreso OCEÁNTICA
2 Xuño 2013

Como en convocatorias anteriores, os traballos presentados nas distintas categorias (presentacións, reportaxes, banda deseñada, narracións...) teñen que someterse a unha dobre avaliación, por unha banda a un xurado seleccionado pola dirección do proxecto, por outra as votacións populares emitidas polos internautas a través das contas de facebook.

DM biodiversidade
2 Xuño 2013

Este ano o Día Internacional da Diversidade Biolóxica está adicado á relación entre auga e biodiversidade, aproveitando a declaración do 2013 como Ano Mundial da Cooperación na Esfera da Auga.

D M MED Ambiente 2013
1 Xuño 2013

O Día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola Asamblea xeral das Nacións Unidas, no día 15 de decembro do ano 1972. Decidiuse que se ía celebrar no 5 de xuño dende o ano 1973.

st Helens
1 Xuño 2013

O monte Santa Helena (en inglés Mount S.t Helens) é un estratovolcán activo ubicado no condado de Skamania no estado de Washintong (E.E.U.U).

DM aves migratorias
1 Xuño 2013

O día mundial das aves migratorias conmemorase anualmente o segundo fin de semana de Maio e ten como obxetivo concenciar á sociedade  sobre a necesidade de protexer ás aves migratorias e os seus habitantes en todo o mundo.

DM teleco
31 Maio 2013

O 17 de Maio celebrouse en todo o mundo o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Esta celebración conmemora o aniversario da firma do primeiro Convenio Telegráfico Internacional en 1865.

ces1
20 Maio 2013

Con motivo da celebración dos primeiros 25 anos o Colectivo Ecoloxista do Salnés convoca un concurso fotográfico sobre a natureza do Salnés. Anímate a participar e infórmate nas bases que te achegamos.

ces
CES
20 Maio 2013

Dende o século XX ata o s.XXI.

barosa
19 Maio 2013

A Barosa é un espazo natural do concello de Barro, situado xunto a unhas fervenzas no río Agra ou Barosa, afluente do Chaín que se xunta co Umia en Caldas.

Rosalía
6 Maio 2013

Este 17 de maio cúmprense 150 anos da publicación do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcou o rexurdimento da literatura galega.

Bhopal
5 Maio 2013

Un  8 de abril de 1985 a India denunciaba a Unión Carbide polo desastre na planta química que causou gran número de mortos e enfermos graves.

A historia nunca contada de Mendel
5 Maio 2013

Patrocinado pola Fundación EducaBarrié e organizado pola empresa Xaraleira o programa "Ratos no Laboratorio" busca inciar ao alumnado de secundaria nas técnicas de investigación e nas leis da herdanza xenética a través da cria de ratos no propio centro.

expo mamíferos
5 Maio 2013

No noso intituto fanse unha gran variedade de exposicións. Esta vez montamos unha sobre os mamíferos mariños.

Oceántica Víctor
4 Maio 2013

Os días 12 e 13 de abril, celebrouse en Vigo o curso universitario inicial do Proxecto OCEÁNTICA no que Víctor Caamaño, presentou o traballo realizado no noso centro.

itinerario
4 Maio 2013

O  Xoves  25 de abril, os alumnos e alumnas de 3ºD, de 1º de Bacharelato e de 4º de ESO de ciencias, fixemos unha saída didáctica á zona litoral entre Sanxenxo e a Lanzada; ao chamado Complexo metamórfico Cabo Home – A Lanzada.

expo mar
10 Abril 2013

Coíncidindo coa nosa participación do proxectp OCEÁNTICA, da Universidade de Vigo iniciamos unha serie de traballos e exposicións que teñen como tema central o mundo do mar.

oceántica concurso
7 Abril 2013

Co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático, o proxecto OCEÁNTICA do Campus do Mar, convoca o Congreso xuvenil internacional OCEANTICA2013 e o seu Campus de Premiados para estudantes de sexto de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Univ

oceántica curso
7 Abril 2013

O Campus do Mar organiza un curso os días 12 e 13 de abril, en Vigo, destinado a docentes de Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e profesionais universitarios relacionados coa comunicación científica sobre o mar.

Descubridores estrutura ADN
31 Marzo 2013

O 25 de abril de 1953 a revista científica Nature publicaba un artigo firmado por Francis Crick e James D. Watson, que supuxo un fito moi importante na historia da ciencia, no que os autores desvelaban a auténtica estrutura do ADN.

expo auga
27 Marzo 2013

O do 22 de marzo, coíncidindo coa celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA inauguramos a exposición A AUGA NA CULTURA GALEGA no Instituto Francisco Asorey.

Ano auga 2013-1
21 Marzo 2013

Esta importante data foi proposta por unha conferencia das Nacións Unidas para o medio Ambiente durante a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992.

Coca cola
11 Marzo 2013

O pasado 25 de febreiro visitamos Begano (Bebidas Gasosas do Noroeste), a fábrica de Coca-Cola da Coruña. A visita foi curta, pero vimos moitas cousas interesantes Ao final déronnos algo de beber e ensináronnos os antigos anuncios de Coca Cola.

Waris Dirie
10 Marzo 2013

No Día Mundial da Muller quero facerlle unha homenaxe a través desta revista para dar a coñecer o seu traballo e o seu sufrimento, moi representativo de millóns de mulleres de todo o mundo que están sometidas a prácticas inhumanas que poñen en perigo a súa vida e a súa saúde física e psicolóxica e eliminan a súa dignidade como mulleres, negándolles o dereito a elexir sobre a s

Día Mundial FGM
10 Marzo 2013

O 6 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial contra a Mutilación Xenital Feminina, un problema que afecta a unha 140.000 millons de mulleres en todo o mundo con dous millóns de casos novos cada ano.

Matrimonio Roma
3 Marzo 2013

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, unha tradición de máis de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Nesta revista queremos facer unha contribución con dous artigos que forman parte da exposición O lado máis humano da ciencia elaborada polo departamento de Latín e Grego do noso centro.

muller-c
3 Marzo 2013

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, unha tradición de máis de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Nesta revista queremos facer unha contribución con dous artigos que forman parte da exposición O lado máis humano da ciencia elaborada polo departamento de Latín e Grego do noso centro.

D M Humidais
3 Febreiro 2013

O 2 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial dos Humidais para conmemorar a data na que se adoptou a Convención sobre os Humidais (Ramsar), o 2 de febreiro de 1971.

Ano auga 2013-1
2 Xaneiro 2013

A Asablea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2013 como “Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga” 

Esclusa Frómista
16 Decembro 2012

Seguindo o curso do Canal de Castilla, grande obra de enxeñaría dos séculos XVIII e XIX que pretendía comunicar o norte da meseta co Cantábrico para facilitar a exportación dos excedentes de gran e lá producidos nos campos de Castela, 22 alumnos do bacharelato Científico-Tecnolóxico do IES Francisco Asorey acompañados por dous pr

Logo CLMNTK12
15 Decembro 2012

O pasado mes de xuño os participantes que resultaron gañadores do V Congreso CLMNTK foron obsequiados con 6 días de campamento sobre Educación Ambiental nun pobo de A Coruña chamado Bergondo situado a 1,5 km de Sada.

Cásicas-cartel
14 Decembro 2012

O Departamento de Latín e Grego do IES Francisco Asorey de Cambados súmouse á iniciativa da SEEC de Murcia en defensa da Cultura e as Linguas Clásicas co obxectivo de concienciar á comunidade educativa da importancia da herdanza clásica na cultura occidental

Xesteira
14 Decembro 2012

Como en anos anteriores, o músico Xaquín Xesteira, veunos dar unha conferencia práctica para explicarnos como funcionan e como soan algúns dos instrumentos tradicionais galegos. Estivo acompañado polos nosos compañeiros Roi, Anxo e Miguel e contou tamén coa axuda dalgún profesor.

Sotavento
14 Decembro 2012

Sotavento é un parque eólico que ten tamén instalacións de enerxía solar, unha planta de produción de hidróxeno, unha casa bioclimática e un museo sobre as enerxías renovables

Prestige
9 Decembro 2012

O luns 19 de novembro, coíncidindo co décimo aniversario do afundimento do Prestige, fixemos um acto público no que contamos coa colaboración da Asociación de Ensinantes do Salnés (CANDEA), do Colectivo Ecoloxista do Salnés, e dos fotógrafos da prensa da comarca: Martina Miser, Víctor Mejuto, José Luiz Oubiña, Iñaki abella, Mónica Vila e Carlos Puga.

Prestige 2012
9 Decembro 2012

Dentro das actividades da Semana da Ciencia 2012, aproveitamos que se cumplían 10 anos do accidente do Prestige e adicamos unha parte da exposición ás mareas negras e recuperamos traballos realizados naquel tempo para volvelos a coñecer: murais, presentacións, debuxos…

Semana Ciencia 2012-
9 Decembro 2012

Con motivo da celebración da Semana da Ciencia, adicada este ano ás enerxías sostibles o venres 8 de novembro tivemos unha charla sobre Vehículos eficientes, para o que contamos coa presenza de Manuel Díaz Fernández, educador, responsable da área de Divulgación do Parque Eólico Experimental de Sotavento, onde se está a desenvolver un interesante traballo neste campo. Asistiron alumnos e alumnas maiores (2º de Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional de Electrónica e Administración).

Semana Ciencia 2012
9 Decembro 2012

A ONU declarou o ano 2012 como Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos. Esta declaración ten a finalidade de que a poboación mundial se faga cada vez máis consciente da importancia de que todos e todas poidan acceder a modos sostibles de enerxía renovable a nivel local, rexional ou global.

Amelia Earhart
6 Septembro 2012

O 2 de xullo de 1937 desaparecía sobre o océano Pacífico o avión tripulado por Amelia Earhat e o seu acompañante Frederick Noonan. Desde A Buxaina queremos facer unha pequena homenaxe a esta muller que foi pioneira na aviación e unha gran defensora da igualdade e das liberdades das mulleres.

desertificación-c
6 Septembro 2012

O 17 de xuño celébrase o Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca, en conmemoración da adopción da  Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación.

morcegos-obr1
6 Septembro 2012

O pasado día 28 de maio de maio tivemos unha charla no instituto sobro os morcegos aproveitando que este é o bienio internacional adicado a eles. Roberto Hermida, un representante da asociación “Drosera” falounos da importancia que teñen para o nosos planeta xa que ocupan un importante lugar na cadea alimenticia.

d m océanos
6 Septembro 2012

O oito de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Esta data sinalada foi creada en 1992 en ocasión da realización da Cumbre Mundial en Río de Xaneiro en Brasil.

Everest
6 Xuño 2012

A primeira ascensión ao Everest, o cume máis alto do mundo, produciuse o 29 de maio de 1953, hai 59 anos, por Edmund Hillary e Tenzing Norgay.

Elías González
6 Xuño 2012

O martes 15 de maio veu Elías González, un alfareiro de Gundivós (Sober) a falarnos da olería tradicional galega.

D M Medio ambiente
6 Xuño 2012

Foi creado en 1972 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. É un evento que se celebra en todo o mundo, cada 5 de xuño (desde o ano 1973) co obxectivo de concienciar á xente para que se convirtan en axentes activos dun desenvolvemento sustentable e equitativo, respetuoso coas persoas, cos outros seres vivos e co medio.

Día Mundial das Aves Migratorias (2012)
6 Xuño 2012

As aves realizan impresionantes viaxes de miles de quilómetros e conectan os continentes, as culturas e as xentes. O impulso que as fai emigrar é a busca de lugares de dría ou para alimentarse.

V Paz Andrade
5 Xuño 2012

Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade, un galeguista que, ademais de escritor, poeta e xornalista foi xurista, economista, político e empresario.

Cándido Pazó
5 Xuño 2012

Aproveitando o Día das Letras Galegas, tivemos unha afortunada visita de CÁNDIDO PAZÓ.

Deunos unha charla. É un magnifico contacontos!

Falounos sobre historias que lle contaban a el sobre sereas, un neno que case morre afogado, historias de amor.... “Nun barco mirando todos os tripulantes atoparon a unha maravillosa criatura de cabelos longos dourados, e cunha cola de peixe, era unha serea...!”

tecnoloxía na rúa
5 Xuño 2012

O venres 1 de xuño celebrouse a VII Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na rúa”, organizado po APETEGA (Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia)

Día das Letras Galegas
5 Xuño 2012

Aproveitando o día das Letras Galegas, un grupo de  rapazas de 1ºC dedicamos  algunhas clases para coller imaxes relacionadas có poema de Rosalía de Castro “Adeus ríos adeus fontes”. Puxemos en cada diapositiva fotos inspiradas en cada estrofa e así fixemos unha presentación.

Titanic
3 Maio 2012

 

O 14 de abril cúmplense cen anos do naufraxio máis famoso da historia, o afundimento do Titanic na súa viaxe inaugural a través do Océano Atlántico Norte.

Antonio Casares
3 Maio 2012

Antonio Casares (Monforte de Lemos, 1812) está considerado o pai da química en Galicia, pero tamén axudou a impulsar a industria e a agricultura da Comunidade.

día da Terra
2 Maio 2012

Unha celebración que foi creada para lembrarnos que somos responsables de coidar e protexer o planeta, tras observar os danos que os seres humanos lle estamos producindo: superpoboación, contaminación, esgotamento dos recursos...

gaio azul
5 Abril 2012

O gaio azul ou carraca europea foi escollido pola SEO/BirdLife como paxaro do Ano 2012 por ser unha das aves en perigo da fauna española e europea.

Torre Eiffel
4 Abril 2012

Esta impresionante torre de ferro de 324 m de altura é o monumento máis representativo de Francia e un dos máis visitados do mundo.

día auga
4 Abril 2012

A ONU manda mensaxes de que hai que aforrar a auga porque moita xente morre no mundo por desidratación ou por consumir auga contaminada.

lagarteiro p
4 Abril 2012

Este ano, a Sociedade Galega de Ornitoloxía escolleu ao lagarteiro peneireiro como Ave do Ano en Galicia coa intención de chamar a atención, como en anos anteriores, sobre algunha das especies da nosa avifauna que merece que ten problemas de conservación.

entroido V Bolo
2 Marzo 2012

Igual que até que non se ven a Cambados non se proba un bo marisco, até que non se vai a Viana non se sabe o que é un entroido senlleiro.

Entroido 2011
2 Marzo 2012

No Instituto Asorey celebramos o Entroido o venres 17 de febreiro. Cada grupo organizou un disfraz e fixo unha actuación. O primeiro premio foi para 3º ESO B e o segundo para 1º ESO C.

Wegener
2 Marzo 2012

O pasado 6 de xaneiro cumpríronse 100 anos da conferencia que ofreceu Alfred Wegener, un xeofísico e meteorólogo alemán, en Frankfurt,  con motivo da reunión anual da Sociedade Xeolóxica Alemá. Neste encontro, Wegener presentou a súa teoría sobre a Deriva Continental.  

Rosalía-1
2 Marzo 2012

Conmemorar, lembrar, homenaxear, honrar, difundir…son todos termos que poñen de manifesto a intención da Biblioteca Asorey, de celebrar, dun xeito especial, o 175 aniversario do nacemento da Poeta de Galicia por excelencia.

Siradella
1 Marzo 2012
Unha pequena mostra do percorrido que fixemos na clase de xeoloxía polo espazo Umia-O Grove, entre o Monte Siradella e os cantís de Montalbo.
Domus
5 Febreiro 2012
Como todos os anos, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO visitamos os museos científicos da Coruña co profesorado de Bioloxía e Xeoloxía.
aquarium
3 Febreiro 2012
A Casa dos Peixes forma parte da rede de Museos Científicos da Coruña. Acolle gran variedade de especies de animais mariños e unha completa e variada información sobre diferentes temas relacionados co mar.
día humidais
3 Febreiro 2012

O 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humidais, coincidindo co aniversario da data en que se adoptou a Convención sobre os Humidais,  en 1971.

Scott
3 Febreiro 2012

Robert Falcon Scott foi un capitán da Royal Navy que dirixiu dúas expedicións á Antártida.

paz
3 Febreiro 2012

O Dia Escolar da Non Violencia e da Paz foi declarado por primeira vez en 1964 apartir dunha proposta do profesor español Llorenç Vidal, pero non foi recoñecido ata o 29 de novembro de 1976 polo Ministerio de Educación e Cultura mediante a Orden Ministerial.

Castelao
3 Febreiro 2012

No mes de xaneiro conmemórase o nacemento e a morte de Castelao, unha das persoaxes galegas máis importantes do século XX.

Casa Ciencias
2 Febreiro 2012
Unha pequena mostra de fotos da nosa visita á Casa das Ciencias, na Coruña.
ano morcegos
2 Febreiro 2012

A Organización das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP), a Convención sobre a Conservación das especies Migratorias de animais silvestres (CMS) e o Secretariado do Acordo para a Conservación das Poboacións de Morcegos Europeas (EUROBATS) uníronse para celebrar o ANO DOS MORCEGOS.

nenos traballo
4 Xaneiro 2012

O 2 de decembro conmemorouse o Día Internacional para a Abolición da Escravitude, en recordo da data (1949) en que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea.

Polo sur
4 Xaneiro 2012

Estes días estamos a conmemorar o centenario de dous fitos importantes na historia da ciencia e das exploracións: a chegada ao Polo Sur da expedición dirixida por Roald Amundsen, o 14 de decembro de 2011, e a de Robert Falcon Scott, o 17 de xaneiro de 2012.

Ano enerxía
4 Xaneiro 2012

Co comezo do ano abrimos un nov apartado canle adicado á enerxía, coincidindo coa declaración da ONU do ano 2012 á Enerxía Sostible.

As heroínas de Sálvora
3 Xaneiro 2012

O 1 de xaneiro cumplíronse noventa anos do naufraxío na ría de Arousa do buque Santa Isabel e do rescate heroico protagonizado por tres mulleres coñecidas como as “heroínas de Sálvora”.

día da árbore
7 Decembro 2011

O 21 de marzo, coíncidindo co comezo da primavera, celébrase o Día da Árbore, chamado tamén Día Forestal Mundial, para recordarnos a todos e todas a importancia que teñen as árbores para o medio ambiente.

Buxaina-cumple
3 Decembro 2011

Hai un ano, un grupo de profesores e profesoras comenzábamos con moita ilusión este proxecto coa idea de que tivese continuidade no tempo, pero tamén cun pouco de medo a non ser capaces de ilusionar ao alumnado para que se fose sumando.

Violencia xénero
2 Decembro 2011

O 25 de novembro celebrouse un día para chamar a atención sobre os maltratos ás mulleres.

sem ciencia 2011-4
2 Decembro 2011

Como en anos enteriores o noso centro celebrou a Semana da Ciencia, adicada este ano á Química.

Cabanillas
2 Decembro 2011

Para conmemorar o aniversario da morte do noso poeta Ramón Cabanillas achegamos un traballo realizado por Jessica Calo e Soraya Borrageiros (1º de ESO A, 2009) premiado no II CONCURSO DE TRABALLOS ESCOLARES: clmntk 09.

Asorey-Vilariño
2 Decembro 2011

Os alumnos e alumnas de 6º do Colexio de Vilariño fumos de excursión a Santiago a ver a Catedral e a dar un paseo pola cidade e visitamos o monumento de Asorey dedicado a San Francisco de Asís.

Sotavento-2011
2 Novembro 2011

O luns, 17 de outubro, os tres grupos de segundo de ESO fumos de visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, situado na serra da Loba, no linde entre as provincias de Lugo e A Coruña.

samaín
2 Novembro 2011

O Hallowenn é unha festa que se celebra principalmente nos Estados Unidos, norte de México e algunhas provincias de Canadá na noite do 31 de outubro.

Semana Ciencia 2011
4 Outubro 2011

Semana da Ciencia-Ano da química

14 a18 de novembro

ACTIVIDADES:

Exposición: táboa periódica, elaborada por 1º ESO

Obradoiros de Química

día das aves
4 Outubro 2011

O catro e cinco de outubro celebrouse o Día Mundial das Aves. A SEO/Birdlife organizou diversas actividades que pretenden achegar o mundo das aves ao público en xeral; para que o interese polas aves anime á xente a unha maior participación e apoio na conservación do medio ambiente.

capa ozono
4 Outubro 2011

O 16 de setembro celebrouse o Día Internaciónal da Protección da Capa de Ozono. Esta data conmemórase desde 1985, en que se adoptou o Convenio de Viena coa intención de concienciar á xente da importancia que esta ten para a Terra e de tomar medidas para protexela.

Laurent-1872
6 Septembro 2011

O 19 de agosto cumplíronse 172 anos da presentación oficial do invento da fotografía diante da Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia.

Apolo 11-
5 Septembro 2011

O Apolo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde unha plataforma de Cabo Kennedy en Florida (Estados Unidos).

Perseidas
5 Septembro 2011

A noite do 11 de agosto de cada ano prodúcese un espectáculo no ceo, unha chuvia de estrelas fugaces ou meteoros coñecida co nome de Perseidas, por radiar desa constelación, ou Bágoas de San Lourenzo, por coíncidir coa festividade dese santo.

climántica Sada
5 Xullo 2011

O pasado Día Mundial do Medio Ambiente foron entregados, na vila de Sada, os premios aos alumnos e alumnas gañadoras do IV Congreso de Climántica. Como en anos anteriores, entre os galardoados estiveron varias alumnas do noso centro.

SECA
4 Xullo 2011

Desde 1994 o 17 de xuño celébrase o Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca, en conmemoración da adopción da  Convención das  Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación.

SOL
4 Xullo 2011

O Día Mundial do Sol celébrase o mesmo día que o solsticio de verán, o día máis longo do ano no hemisferio norte.

Día Mundial dos Océanos
4 Xullo 2011

O oito de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Esta data sinalada foi creada en 1992 en ocasión da realización da Cumbre Mundial en Río de Xaneiro en Brasil. Un día para recordar a importancia do mar para o planeta e para as nosas vidas. O seu funcionamento determina o clima e permite explicar a diversidade da vida que hai no noso planeta.

Xesteira 2011
4 Xullo 2011

O mércores 8 de xuño Xaquín Xesteira estivo no noso Instituto para darnos unha clase práctica de física e música a partir do funcionamento dos instrumentos tradicionais galegos.

cetrería
6 Xuño 2011

O día dez de maio vivimos unha exhibición de aves de rapina. Ensináronos distintas aves como a curuxa, o falcón, o moucho, águias...

aves migratorias
6 Xuño 2011

O 14 e 15 de maio celébrase o Día Mundial das Aves Migratories que se aproveita para facer unha sensibilización dirixida a promover a súa protección e a conservación dos seus hábitats en todo o mundo.

Día do Medio Ambiente
6 Xuño 2011

O cinco de xuño celébrase cada ano o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha data establecida pola Asanblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución do 15 de decembro de 1972, coa que se dou comezo á Conferencia de Estocolmo (Suecia) co ambiente como tema central.

muíños A mancha
6 Xuño 2011

Un grupo de 20 alumnos e alumnas e dúas profesoras (Teresa Romero e Nuria Romero) fixemos unha excursión a Cidade Real.

Neira Vilas
10 Maio 2011

Xosé Neira Vilas o autor do libro Memorias dun Neno Labrego, veu dar unha conferencia ao noso centro. Aproveitamos para facerlle unha entrevista para que o vexades, esperamos que vos guste.

Santiago Rey fixo outro video que vos xuntamos tamén.

Memorias neno labrego1
4 Maio 2011

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".

catedral Santiago
4 Maio 2011

O día 4 de abril fixemos unha saída didáctica a Santiago de Compostela os alumnos de 2º de bacharelato. Os de ciencias pola mañan fomos ao museo da facultade de química, mentres que os de economía e humanidades a catedral. 

terra
4 Maio 2011

É unha celebración creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os seres humanos o estabamos sometendo.

escravitude infantil
4 Maio 2011

O 16 de abril celebrouse o Día Mundial Contra a Escravitude Infantil

Enténdese por explotación infantil o traballo de nenos e nenas en calquera sistema de produción económica dun país, unha rexión ou no mantemento económico dun grupo ou clan familiar.

Día m da saúde
4 Maio 2011

O sete de abril celebrouse o Día Mundial Da Saúde. Ese día, en todos os rincóns do planeta, centos de eventos conmmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.

Día libro
4 Maio 2011

O día do Libro celébrase o 23 de abril, xunto co día dos Dereitos de Autor.

Armenteira festa
4 Maio 2011

O luns 25 de abril fumos á festa da Armenteira pola ruta da pedra e da Auga, un camiño reamente bonito e asombroso pola súa paisaxe.

expometeoro
4 Maio 2011

Realizada por Meteogalicia. Estará exposta ata o 13 de maio.

Ciencia-tec1
6 Abril 2011

Os días 25 e 26 de marzo tiveron lugar, no CIFP Politécnico de Santiago, as Xornadas de Ciencia e Tecnoloxía. Ano internacional da Química 2011, organizadas polo Servizo de Formación do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Yellowstone-a-
6 Abril 2011

O Yellowstone National Park considérase Parque Nacional dende 1976, aínda que foi creado en 1872, sendo así o parque máis antigo do mundo, e un dos máis famosos de Estados Unidos.

Día da Auga
6 Abril 2011
meteoroloxía
6 Abril 2011

O 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial coincidindo co aniversario da entrada en vigor da Convención da Organización Meteorolóxica Mundial, en 1950 na que se creou  dita Organización, unha axencia especializada das Nacións Unidas para o estudo do clima e a auga.

Balto
6 Abril 2011

Este mes de marzo hai anos que morreron Balto (14 de marzo de 1933) e Hachhico (8 de marzo de 1933), dous cans que destacaron pola súa fidelidade e valentía. Nesta revista queremos adicarlle tamén un pequeno recoñecemento a eses animais que acompañan e axudan ás persoas desde tempos moi antigos.

Día da muller
10 Marzo 2011

O 8 de marzo celebrouse o Día da Muller Traballadora, unha data que recorda a loita que durante máis de cen anos levaron a cabo os grupos de mulleres ppara acadar o dereito a voto, o respecto pola súa dignidade como persoa e a mellora das condicións de traballo en igualdade.

Rosalía
3 Marzo 2011

A  Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) encargouse de organizar este 24 de febreiro, por segundo ano consecutivo, o Día de Rosalía, coincidindo co día do seu nacemento, neste ano o 174 aniversario.

entroido Salgueiros
3 Marzo 2011

Para explicar como era o Antroido na comarca da Ulla entrevistamos á nosa proferora Teresa Cao, da parroquia de Salgueiros (Vila de Cruces) que nos conta a súa experiencia e nos facilitou unha fotos..

entroido Laza
3 Marzo 2011

O entroido, antroido ou carnaval é unha festa que se celebra anualmente inmediatamente antes da cuaresma cristiana. As datas son variables, desde finais de xaneiro ata comezos de marzo. Celébrase en moitas partes do mundo e ten moitas variantes: desfiles, comparsas, máscaras, disfraces, coplas, burlas... Todas teñen en común o de ser uns días de permisividade e descontrol.

Cunqueiro
3 Marzo 2011

O día 28 de febreiro cumplírose trinta anos da morte de Álvaro Cunqueiro, un escritor galego que nos deixou fermosos relatos nos que aparecen por todas partes referencias á natureza galega, nas historias, nos persoaxes, e innumerables seres imaxinarios ricamente fabulados e perfectamente integrados no ambente e na tradición.

día m humidais
3 Febreiro 2011

O 2 de febreiro está adicado aos Humidais, en recordo da sinatura en 1971 da Convención Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán).

Sotavento-1-11-1
7 Xaneiro 2011

O luns 24 de xaneiro fixemos unha visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba nos lindes entre Lugo (Xermade) e A Coruña (Monfero).

2011-12
4 Xaneiro 2011

O ano 2011 foi o Ano da Química, e na nosa revista adicámoslle unha canle especial.

Cartel IES ASorey
4 Xaneiro 2011

O pasado decembro o Instituto Asorey comezou coas actividades para conmemorar o 50 aniversario da morte do escultor. Inaugurouse unha exposición e presentouse o proxecto de traballo para o curso 2010-2011.

Ano da Química
3 Xaneiro 2011

O ano que entra, 2011, será o Ano Internacional da Química, unha maneira de celebrar os logros e a súa contribución ao benestar da humanidade. A Asemblea Xeral da ONU que é quen toma estas decisións, aceptou a declaración ante a proposta presentada pola IUPAC (Unión Internacional da Química Pura e Aplicada) e a UNESCO coincidindo co centenario do Premio Nobel outorgado a Marie Curie.

libro Cambados
3 Xaneiro 2011

O pasado 21 de decembro presentouse no salón de actos do IES Francisco Asorey a 2ª edición do libro publicado no 2005: “Cambados, 100 anos de historia a través da fotografía”.

medalla Nobel
8 Decembro 2010

Os premios Nobel outórganse cada ano a persoas destacadas en distintos campos (ciencias, economía, paz...) que resulten beneficiosos para a sociedade.

árbores Nadal
6 Decembro 2010

No Instituto Francisco Asorey tamén celebramos o Nadal.

Pola semana, no recreo, cantamos cancións de Nadal en distintos idiomas. Nalgunhas clases fixemos postais de Nadal. O Instituto estaba moi bonito e ata tiñamos unha árbore na entrada.

animais-peli
3 Decembro 2010

Dentro das actividade da Semana da Ciencia o alumnado de 1º e 2º da ESO asistimos á proxección da película “Os animais son boa xente” dirixida por Jamie Uys en 1974 e rodada nos desertos do Namib e Kalahari e no delta do Okawango.

Semana Ciencia-2010-
3 Decembro 2010

Os grupos de primeiro de ESO fixemos unha exposición sobre a biodiversidade. Formamos grupos e cada un escolleu unha letra da palabra biodiversidade que estaba adicada a un tema.

biodiversidade
3 Decembro 2010

 

A Semana da Ciencia celébrase todos os anos arredor do 15 de novembro, coincidindo coa festividade de San Alberte Magno.

Distribuir contido